Estudos » Horarios de clase e atención ao alumnado
1º Curso - Curso 2020-2021
Publicación do Horario adaptado ao novo calendario de docencia ao abeiro da Instrución de Xerencia da USC e do DECRETO 8/2021, de 26 de xaneiro da Xunta de Galicia. As clases serán en liña do 8 ao 16 de febreiro. O día 17 de febreiro, salvo nova prórroga das medidas, as clases que así estean contempladas no horario, serán presenciais.
A modificación no horario de 1º curso, afecta a:
- grupo interactivo 1 e 2 de economía
- grupo interactivo 2 de historia dos sistemas de benestar
- grupo expositivo de ética e traballo social
O alumnado seguirá asignado ao mesmo grupo interactivo no que estivo no primeiro cuadrimestre
A resolución reitoral do 2 de setembro de 2020 establece o paso da docencia na USC ao Escenario 2 cando sexa necesario, mantendo na presencialidade a distancia de seguridade nas aulas e o uso da máscara facial. A EUTS, no seu protocolo de prevención e hixiene ante a COVID 19 aprobado en Xunta de Centro o día 30 xullo, recollendo as intrucións e directrices que nese momento indicaban tanto a USC como as autoridades sanitarias, establece as condicións da docencia en cada un dos 3 Escenarios posibles. No mesmo indícase que, no caso de pasar ao Escenario 2, a docencia expositiva pasaría a impartirse en liña (xunto aos TGR) e a docencia interactiva faríase de xeito presencial.
Ante as novas instrucións de mantemento da distancia de seguridade e ao dispoñer das aulas onde se ía impartir a docencia expositiva é preciso facer unha reorganización dos grupos interactivos que garante a distancia de seguridade entre as persoas en todo momento.
2º Curso-Curso 2020-2021
Publicación do Horario adaptado ao novo calendario de docencia ao abeiro da Instrución de Xerencia da USC e do DECRETO 8/2021, de 26 de xaneiro da Xunta de Galicia. As clases serán en liña do 8 ao 16 de febreiro. O día 17 de febreiro, salvo nova prórroga das medidas, as clases que así estean contempladas no horario, serán presenciais.
A modificación no horario de 2º curso, afecta a:
- grupo interactivo 2 de dereito e administración pública - cambio da clase do 11 de febreiro para o 5 de maio
O alumnado seguirá asignado ao mesmo grupo interactivo no que estivo no primeiro cuadrimestre
A resolución reitoral do 2 de setembro de 2020 establece o paso da docencia na USC ao Escenario 2 cando sexa necesario, mantendo na presencialidade a distancia de seguridade nas aulas e o uso da máscara facial. A EUTS, no seu protocolo de prevención e hixiene ante a COVID 19 aprobado en Xunta de Centro o día 30 xullo, recollendo as intrucións e directrices que nese momento indicaban tanto a USC como as autoridades sanitarias, establece as condicións da docencia en cada un dos 3 Escenarios posibles. No mesmo indícase que, no caso de pasar ao Escenario 2, a docencia expositiva pasaría a impartirse en liña (xunto aos TGR) e a docencia interactiva faríase de xeito presencial.
Ante as novas instrucións de mantemento da distancia de seguridade e ao dispoñer das aulas onde se ía impartir a docencia expositiva é preciso facer unha reorganización dos grupos interactivos que garante a distancia de seguridade entre as persoas en todo momento.
3º Curso - Curso 2020-2021
Cambio de aula para docencia presencial nos grupos:
- obradoiro de investigación grupo 1 pasa á AULA 3
- deseño e avaliación de proxectos grupo 1 pasa á AULA 3
- traballo social con maiores interactivo pasa á AULA 2
Publícase o horario coas novas horas asignadas.
O alumnado estará asignado ao mesmo grupo interactivo no que estivo no primeiro cuadrimestre
A resolución reitoral do 2 de setembro de 2020 establece o paso da docencia na USC ao Escenario 2 cando sexa necesario, mantendo na presencialidade a distancia de seguridade nas aulas e o uso da máscara facial. A EUTS, no seu protocolo de prevención e hixiene ante a COVID 19 aprobado en Xunta de Centro o día 30 xullo, recollendo as intrucións e directrices que nese momento indicaban tanto a USC como as autoridades sanitarias, establece as condicións da docencia en cada un dos 3 Escenarios posibles. No mesmo indícase que, no caso de pasar ao Escenario 2, a docencia expositiva pasaría a impartirse en liña (xunto aos TGR) e a docencia interactiva faríase de xeito presencial.
Ante as novas instrucións de mantemento da distancia de seguridade e ao dispoñer das aulas onde se ía impartir a docencia expositiva é preciso facer unha reorganización dos grupos interactivos que garante a distancia de seguridade entre as persoas en todo momento.
4º Curso-Curso 2020-2021
O alumnado deberá buscar a asignación no curso máis alto que se matricula (neste caso, 4º curso). Nas materias pendentes de cursos anteriores, estará asignado/a ao mesmo grupo que en 4º curso.
No segundo cuadrimestre, o alumnado de 4º de Grao realiza, de xeito individual, o Practicum en organismos, centros e institucións de toda a Comunidade Autónoma programándose supervisións individualizadas entre cada alumno/a e o/a seu/súa titor/a académico/a, ao longo de todo o cuadrimestre. A mesma metodoloxía aplícase para a realización do Traballo de Fin de Grao. Para incorporarse ao Practicum e TFG o alumnado debe asistir obrigatoriamente a unhas sesións que se celebrarán os días 1 e 2 de febreiro de 2021.
PUBLICACIÓN NOVO HORARIO EUTS
A resolución reitoral do 2 de setembro de 2020 establece o paso da docencia na USC ao Escenario 2 cando sexa necesario, mantendo na presencialidade a distancia de seguridade nas aulas e o uso da máscara facial. A EUTS, no seu protocolo de prevención e hixiene ante a COVID 19 aprobado en Xunta de Centro o día 30 xullo, recollendo as intrucións e directrices que nese momento indicaban tanto a USC como as autoridades sanitarias, establece as condicións da docencia en cada un dos 3 Escenarios posibles. No mesmo indícase que, no caso de pasar ao Escenario 2, a docencia expositiva pasaría a impartirse en liña (xunto aos TGR) e a docencia interactiva faríase de xeito presencial.
Ante as novas instrucións de mantemento da distancia de seguridade e ao dispoñer das aulas onde se ía impartir a docencia expositiva é preciso facer unha reorganización dos grupos interactivos que garante a distancia de seguridade entre as persoas en todo momento.
Curso 2020-2021 - Curso Ponte
O alumnado do Curso Ponte incorporarase ás clases programadas para o Grao en Traballo Social. Deberá consultar o horario de cada materia, en función do curso ao que dita materia estea asociada.