Actualizado a 21 de abril de 2022
... máis »Estudantes » Programas Mobilidade
Erasmus+ International Credit Mobility [KA107]
Erasmus+ International Credit Mobility [KA107] para estudantes de Grao, para o estancias no curso 21/22. Os destinos son a Mozambique, Bosnia e Xapón.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de xuño de 2022
A información para a convocatoria esta na web da USC:
Duración: 5 meses, no 1º ou 2º cuadrimestre do curso 22-23.
- Bolsa: 700€/mes
- Axuda de viaxe: entre 360€ e 1.500€ segundo a distancia á universidade de destino.
Requisitos:
- Idioma: estar en posesión do título de idioma que indica o anexo para cada universidade.
- Número de créditos superados: mínimo o 15% da titulación.
Universidades de destino:
BOSNIA: Dzemal Bijedic University of Mostar (https://www.unmo.ba/en/)
Todas as áreas de estudo dispoñibles
BOSNIA: University of Banja Luka (https://www.unibl.org/en)
Todas as áreas de estudo dispoñibles
MOZAMBIQUE: Universidade de Lúrio (http://www.unilurio.ac.mz/unilurio/pt/)
Todas as áreas de estudo dispoñibles
XAPÓN: Wakayama University (https://www.wakayama-u.ac.jp/en/)
Áreas de estudo limitadas: Humanidades, Socioloxía e estudos culturais, Administración e dirección de empresas, Viaxes, turismo e ocio
Para máis información: erasmus.ka107@usc.es ou nos teléfonos 881811095/ 881812846.
Programa SICUE
PUBLICADA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS SICUE PARA ESTANCIAS NO CURSO 2022-2023
Listaxe publicada na USC: listaxe admitidos/as definitivo
Requisitos: Estar matriculado/a na USC no curso 2020-2021 en estudos oficiais de grao; ter superados un mínimo de 45 créditos e estar matriculado/a en 30 créditos máis. .
Solicitudes: só se aceptarán as solicitudes en liña, a través da Secretaría Virtual do estudante da USC. prema aquí
Prazos: fechado ata nova convocatoria
A coordinadora do Programa SICUE na EUTS é Purificación García Álvarez.
(*) para o curso 2022-2023 non admite prácticas no acordo académico
UNIVERSIDADE DE DESTINO | PRAZAS | MESES |
---|---|---|
Alicante | 2 | 5 |
Barcelona | 2 | 9 |
Castilla-La Mancha (Cuenca) | 1 | 9 |
Complutense de Madrid (*) | 3 | 9 |
Girona | 2 | 5 |
Girona | 2 | 9 |
Huelva | 2 | 9 |
Illes Balears (Palma de Mallorca) | 2 | 9 |
La Rioja | 1 | 9 |
Málaga | 1 | 9 |
Pablo de Olavide (Sevilla) | 2 | 9 |
Valladolid | 3 | 9 |
Zaragoza | 1 | 9 |
Programa Erasmus
Prazo de solicitude: Do 19 de novembro ao 19 de decembro de 2021
Lugar: Só se poderá presentar en liña a través da Secretaría Virtual do/a estudante da USC. A acreditación do nivel do idioma da universidade de acollida deberá facerse antes do 19 de decembro
O/A estudante terá a obriga de cargar os documentos requiridos na solicitude en liña
A listaxe provisoria de persoas admitidas publicarase na páxina do Servizo de Relacións Exteriores da USC sobre o día 23 de decembro e haberá un prazo de 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación da listaxe provisoria para reclamacións
Institucións | País | Prazas | Meses |
Hochschule Neubrandenburg | Alemaña | 2 | 5 |
Università per Stranieri "Dante Alighieri" - Reggio | Italia | 2 | 5 |
Universidade de Coimbra | Portugal | 2 | 9 |
Instituo Superior Miguel Torga - Coimbra | Portugal | 2 | 9 |
Cooperativa de Ensino Superior de Serviço Social- Porto | Portugal | 2 | 5 |
Universidade de Trás os Montes e Alto Douro | Portugal | 3 | 5 |
O Coordinador do programa na EUTS é Xoán Carlos Bascuas Jardón
Máis información e documentos, enlace ao Portal Internacional da USC prema aquí
Convenios Bilaterais
ABERTA A CONVOCATORIA PARA ESTANCIAS NO CURSO 2022-2023
A USC convoca anualmente prazas de mobilidade para a realización de estudos en diversas universidades de países extracomunitarios (paises de América latina, Europa do Leste e Asia; Suiza, Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Australia) e coas que a USC ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes
O programa va dirixido ao estudiantado matriculado nun programa oficial de grao ou master. As prazas ofertadas son as recollidas nos Anexos I e II de cada convocatoria anual.
Máis información, na web da USC premendo aquí
Prazo de presentación de solicitudes: Do 26 de novembro de 2021 ao 16 de xaneiro de 2022.
Requisitos: Estar matriculado/a na USC no curso 21-22 na mesma titulación para a que solicita o interacambio e que corresponda a estudios conducentes ao título de grao ou máster, e que teña unha nota media mínima de 6. Este requisito deberá cumplirse a data 31/10/21
O Coordinador do Programa na EUTS é Xoán Carlos Bascuas Jardón
Prácticas KA1 Erasmus+

SPANISH UNIVERSITIES FOR EU PROJECTS . Proxecto financiado para a mobilidade do estudantado de educación superior en prácticas KA1 Erasmus+
O proxecto coordinado por Campus Iberus (www.campusiberus.es) e 13 universidades públicas españolas nace co obxectivo de formar aos nosos xoves nun área con gran proxeción profesional como é a xestión de proxectos
europeos.
Son prácticas Erasmus para grao, master e doutoramento sen recoñecemento de créditos.
O estudante non propón a empresa senón que na segunda fase daráselle
acceso a unha plataforma na que están os perfís das empresas participantes.
PERÍODO DE SOLICITUDE: Pechado ata nova convocatoria
Máis información:
http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/modulos/novidades/news_0162.html e nos arquivos que se achegan