Estudantes » Plan Acción Titorial e Programa de Titores
Alumnas titoras curso 2020/2021
As alumnas titoras na EUTS para o curso 2020-2021 son:
- Paula Blanco López
- Laura Cobelo Parga
- Fernanda Antonia Luis Clarke
Mail de contacto: alumnadotitor@euts.es
Programa de Titores
"PROGRAMA DE TITORES"
O Programa de Titores ten por finalidade realizar un asesoramento e orientación ao alumnado, principalmente de 1º curso, por parte dun/ha alumno/a-titor/a de cursos superiores. O requisito para poder participar no programa é ter superados, como mínimo, 60 créditos.
O primeiro curso será de formación, orientado a que os titores poidan desenvolver adecuadamente as actividadades previstas para o segundo curso. O Anexo II da convocatoria que se acompaña, recolle os contidos fundamentais a desenvolver que son:
- Bloque 1. Coñecementos básicos do funcionamento da USC
- Bloque 2. Divulgación da oferta de servizos e programas que fai a USC
- Bloque 3. Formación específica para a labor de titor/a
No segundo curso, o alumnado titor dará a acollida ao estudantado de novo ingreso, exercendo de titor/a durante todo o ano académico, colaborará nas actividades que organice o Programa "A Ponte".
HORARIO DO PRIMEIRO CURSO
A actividade presencial terá lugar en 12 sesións de 90 minutos que se desenvolverán preferentemente do 8 ao 25 de marzo de 2021, de luns a xoves en horario de 20:15 a 21:45 hs. Estas actividades complementaranse con actividades non presenciais e o profesorado tamén poderá substituir parte da actividade presencial por actividades non presenciais. Terán lugar na Facultade de Dereito
SOLICITUDES E PRAZOS
As solicitudes, dirixidas á Directora da EUTS, presentaranse na secretaría do centro do 3 ao 15 de febreiro de 2021 (preferentemente a través do correo electrónico).
RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS
A avaliación positiva da realización de todas as actividades do programa, dará dereito ao recoñecemento de 6 créditos ECTS.
ALUMNADO ADMITIDO - Unha vez rematado o proceso de selección, a Comisión fará pública a relación de alumnado admitido e non admitido nos taboleiros de anuncios do centro así como os criterios empregados e a correspondente lista de agarda. Contra esta relación, os interesados/as poderán presentar reclamación dentro dos 3 días hábiles seguintes ao día da publicación.
Rematado o prazo de reclamacións e resoltas as mesmas pola Comisión, o/a Coordinador/a do programa "A Ponte" en cada campus comunicará ao Servizo de Xestión Académica e ás Unidades de Xestión Académica correspondentes, o alumnado seleccionado.
Máis información na convocatoria (criterios de selección art. sexto)
Plan Acción Titorial
Apoio titorial extraordinario
Requisitos:
- Alumnos/as que teñan pendentes de superación, para rematar os estudos do título, un máximo de 18 créditos ou tres materias (exclúese do cómputo o traballo de fin de grao, e o practicum).
- Alumnos/as que teñan esgotadas 2 convocatorias, cando menos, en cada unha das materias para as que solicite o apoio.
Prazo de solicitude: fechada convocatoria
As solicitudes presentaranse on-line a través da secretaría virtual ou da sede electrónica da USC