Servizos » Biblioteca
Horario
HORARIO de mañá:
- De 09:00 a 14:00 hs de luns a xoves.
- De 09:00 a 14:30 hs os venres
HORARIO de tarde
- De 15:00 a 20:00 hs de luns a xoves
Fechado sábados e festivos e durante o mes de Agosto.
CONTACTO: biblioteca@euts.es
Impresos Biblioteca
Para descargar solicitude de alta en biblioteca, prema aquí
A busca e selección de documentos
Para buscar un libro, revista, traballo, dvd …, dos fondos documentais da biblioteca hai dúas opción:
· Busca OUTLINE nos ficheiros ubicados no acceso á Biblioteca e organizados alfabéticamente por apelido do/a autor/a e por temática tratada. Para solicitar o documento seleccionado, é preciso referenciar a SINATURA que consta na ficha consultada (a sinatura é o código de letras e números ubicado na esquina superior esquerda).
· Busca ONLINE no portal MEIGA, ao que se accede dende a páxina web da EUTS, entrando na BIBLIOTECA VIRTUAL. Para iniciar o proceso hai que cubrir en BUSCA AVANZADA os campos que permiten localizar os rexistros bibliográficos disponibles nos fondos. Ao premer aparece una listaxe cos documentos que responden ós criterios de busca. Nesa listaxe pode haber libros e traballos ou artigos de revista. No primeiro caso, ao premer sobre a primeira liña, aparecen os datos de LOCALIZACIÓN (SINATURA). No segundo caso, debemos aportar denominación da revista e número de exemplar ao persoal da Biblioteca.
Recomendacións:
- A búsca desde "Búsca avanzada", tratando de perfilar ó máximo os criterios, mellora os resultados.
- A consulta de Revistas é conveniente facela a través de DIALNET (máis áxil, permite entrar directamente a texto completo desde os Indices).