Actualizado a 21 de abril de 2022
... máis »Estudantes de Novo Ingreso » Matrícula
Matrícula
Unha vez confirmada a admisión, realizarase a matrícula na USC (on-line a través da súa páxina). Posteriormente enviarase por correo electrónico a documentación propia da Escola Universitaria de Traballo Social na Secretaría do Centro (descargar impresos) xunto coa copia da matrícula realizada na USC, nos prazos establecidos para esto que se relacionan a continuación na táboa
Enlace a matrícula na USC: prema aquí
Guía matrícula alumnado novo ingreso USC
PREZOS
Como estudante dun centro adscrito, o/a alumno/a abonará o 25% das taxas públicas ao formalizar a matrícula na USC.
Os prezos da Escola por curso completo (1ª matrícula - primera vez que o/a alumno/a se matricula nun curso) para 2021-22 son os seguintes:
Aportación inicial: 905 €
Catro cotas de 375 € a abonar nos seguintes prazos:
- 1ª cota antes do 15 de outubro
- 2ª cota antes do 15 de novembro
- 3ª cota antes do 15 de febreiro
- 4ª cuota antes do 15 de marzo
Nota: Aínda que a efectos de xestión administrativa establécense estos prazos, admítese solicitude motivada de aprazamento ou fragmentación dos pagos.
CALENDARIO MATRÍCULA NOVO INGRESO - CURSO 2021-2022
Data publicación listaxe admitidos/as pola CIUG |
Datas matrícula USC e Datas parainscrición EUTS |
1ª listaxe: 8 xullo |
do 9 ao 12 de xullo en USC do 9 ao 13 de xullo en EUTS |
2ª listaxe: 14 xullo |
do 15 ao 16 de xullo en USC do 15 ao 19 de xullo en EUTS |
3ª listaxe: 20 xullo |
do 21 ao 22 de xullo en USC do 21 ao 23 de xullo en EUTS |
4ª listaxe: 23 xullo |
do 24 ao 27 de xullo en USC do 24 ao 28 de xullo en EUTS |
5ª listaxe: 29 xullo |
do 30 xullo ao 2 agosto en USC do 30 xullo ao 3 agosto en EUTS |
6ª listaxe: 3 agosto |
do 4 ao 5 agosto en USC do 4 ao 5 agosto en EUTS |
7ª listaxe: 6 agosto |
do 7 ao 10 agosto en USC do 7 ao 10 agosto en EUTS |
8ª listaxe: 11 agosto |
do 12 ao 13 agosto en USC do 12 ao 13 agosto en EUTS |
Unha vez matriculado na USC o alumnado ten que enviar a documentación propia na Escola. O proceso de matrícula non se considera completado ata que estea recibida a documentación propia na EUTS
AVISO IMPORTANTE: O alumnado que non se matricule na titulación na que o/a convoquen e DESEXE CONTINUAR NAS LISTAS DE AGARDA nalguhna titulación de maior preferencia, deberá confirmar o interese de continuar nas listas de agarda na CIUG, de non confirmaro entenderán que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos (normativa da CIUG)