Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudos » Calendario académico

Calendario Académico 2024-2025

Primeiro semestre: A impartición da docencia na EUTS iniciarase o día 9 de setembro de 2024 e rematará o 20 de decembro de 2024

Segundo semestre: A impartición da docencia na EUTS iniciarase o día 30 de xaneiro de 2025 para 1º, 2º e 3º  e rematará o día 16 de maio de 2025 para todos os cursos. O alumnado de 4º curso incorporarase ás prácticas o día 1 de febreiro de 2025.

Período de apertura de actas:

1ª convocatoria ordinaria:

  • Primeiro semestre: Do 16 de decembro de 2024 ao 5 de febreiro de 2025
  • Segundo semestre: Do 13 de maio ao 17 de xuño de 2025

2ª convocatoria ordinaria:

  • Primeiro semestre: Do 13 de maio ao 17 de xuño de 2025
  • Segundo semestre: Do 18 de xuño ao 29 de xullo de 2025

Último día de publicacion das listas de cualificacións:

  • Da 1ª oportunidade materias 1º semestre: 30 de xaneiro de 2025
  • Da 1ª oportunidade materias 2º semestre: 10 de xuño de 2025
  • Da 2ª oportunidade (ambos semestres): 16 de xullo de 2025

Defensa do Traballo Fin de Grao - períodos para defensa:

  • Convocatoria de febreiro: Entre o 3 e o 21 de febreiro de 2025 (período de actas do 3 ao 28 de febreiro de 2025)
  • Convocatoria de xuño-xullo: Entre o 18 de xuño e o 29 de xullo de 2025 (período actas do 18 de xuño ao 29 de xullo de 2025)
  • Convocatoria de setembro: Entre o 2 e o 16 de setembro de 2025 (período actas do 2 ao 26 de setembro de 2025)

Período acta consolidada TFG: Do 30 de setembro ao 10 de outubro de 2025

Convocatoria extraordinaria de fin de carreira para grao

As datas de realización dos exames da convocatoria extraordinaria de fin de carreira para as titulacións de Grao e Máster, así como a data límite de sinatura das actas, coincidirán coas previstas para a realización de exames e para a sinatura das actas do primeiro semestre.

Períodos non lectivos:

Serán non lectivos os seguintes períodos, nos que se interromperá a actividade académica:

  • Desde o 21 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025 (ambos incluidos)
  • O luns e martes de Entroido - 3 e 4 de marzo de 2025
  • Semana Santa - desde o 14 ao 18 de abril de 2025 incluídos
  • O mes de agosto

Terán tamén carácter non lectivo e non recuperable:

  • O venres 6 de setembro de 2024 - data prevista para o acto de apertura do curso académico. Esta data podría modificarse en función da data oficial de inauguración do curso no SUG.
  • O luns 2 de decembro de 2024 - festividade de San Francisco Xavier, patrón da EUTS.
  • O luns 27 de xaneiro de 2025 - festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade
  • O xoves 29 de maio de 2025 - festividade da Ascensión, festivo local en Santiago de Compostela
  • Os días declarados festivos polo Estado, a Comunidade Autónoma e o Concello de Santiago de Compostela
Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2024-2025

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2024-2025, onde se recolle información... máis »