Actualizado a 21 de abril de 2022
... máis »CURSO PONTE para Diplomados en Traballo Social » Información Xeral
Curso Ponte de Adaptación ao Grao para Diplomados
Nº DE PLAZAS para curso 2022-2023: 5
SELECCIÓN ALUMNADO: Realizada pola USC por expediente académico.
PREINSCRIPCIÓN: A través da Secretaría virtual da USC
Unha vez admitido, deberá formalizar matrícula primeiro na USC e posteriormente entregar na EUTS a documentación propia
DOCENCIA: Segundo horario e calendario que se estableza para o Grao [1].
CADRO DE MATERIAS POR CUADRIMESTRE
1º CUADRIMESTRE | 2º CUADRIMESTRE |
- Teorías e Modelos de Intervención en Traballo Social (2º curso) | - Historia dos Sistemas de Benestar Social (1º curso) |
- Traballo Social, procesos migratorios e diversidade cultural (4º curso) | - Investigación e Diagnose en Traballo Social (2º curso) |
- Mediación e Xestión do conflito en Traballo Social (4º curso) | - Política Social e Traballo Social (3º curso) |
- Xestión de Organizacións (non convalidable) (4º curso) | - Traballo de Fin Grao (non convalidable) (4º curso) |
Ademáis de poder solicitar a convalidación de materias realizadas en outras carreiras e/ou plans de estudio, a proposta contempla a posibilidade de convalidar parte dos créditos[2] polos seguintes conceptos:
- Experiencia profesional
- Titorización Practicum EUTS de Santiago
Finalmente, lémbrase que para a obtención de calquera título de Grao da USC, é necesaria a acreditación do coñecemento dunha lingua extranxeira, nivel B1, ben superando as probas da propia Universidade, ou ben presentando algún dos Diplomas que acreditan dito nivel (Anexo II da Resolución Reitoral de 01/02/2012).
[1] Pódese solicitar dispensa de asistencia a clase por motivos laborais ou circunstancias excepcionais sobrevidas. Neste caso seguirase un sistema de titorización especificado no programa ou na guía docente de cada materia.
[2] Salvo materias non convalidables (Xestión de Organizacións e Traballo de Fin de Grao)
Convalidacións
Poderanse convalidar créditos por experiencia profesional e por ter titorizado alumnado en prácticas desta Escola. Máis información prema aquí