Estudantes » Recoñecemento de créditos
Formación Profesional
Con data 5 de decembro de 2012 asinouse o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades de Galicia (Santiago, Coruña e Vigo) para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de grao superior da formacion profesional inicial e materias de estudos universitarios. Esto supón o recoñecemento directo de créditos nos estudos universitarios oficiais de grao, segundo a taboa publicada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. En 2019 a Xunta publica o catálogo actualizado para o curso 2019-2020 e sucesivos
Consulta da relación de estudos e validacións, na páxina web da Consellería: prema aquí.
En arquivo adxunto, extrato do catálogo actualizado coas validacións recoñecidas para a EUTS de Santiago
Grao en Traballo Social
A Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, establece que, de acordo co artigo 46.2.i da Lei orgánica 6/2001 de 21 de decembro de universidades, os estudiantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias, culturaism deportivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación, ata un máximo de 6 créditos do total do plan de estudios cursado. Esta norma tamén permite o recoñecemento de créditos por realización de actividades transversais.
Actualmente a USC eliminou a esixencia de acreditar un nivel B1 nunha lingua estranxeira para poder graduarse.
Resolución Reitoral 2 de abril de 2012
Resolución Reitoral de 2 de abril de 2012 de modificacións dos recoñecementos por actividades deportivas e/ou culturais para os Graos