Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
CURSO PONTE para Diplomados en Traballo Social » Proceso de admisión e matrícula

Proceso de admisión Curso Ponte

O proceso de admisión do alumnado do Curso Ponte realizarao a Universidade de Santiago de Compostela e terá que tramitarse a través da Secretaría Virtual da USC. O proceso de selección farase en función do expediente académico dos solicitantes. 

Unha vez pechado o prazo de solicitude de admisión, a USC publicará a listaxe do alumnado admitido no curso ponte e o convocará a realizar a matrícula no prazo que establezca

 PRAZO SOLICITUD ADMISIÓN NO CURSO PONTE - 2019/2020:

Do 1 ao 31 de xullo de 2019

formulario para a solicitude de admisión que se fará on-line na USC.

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS/AS: A Universidade de Santiago é a responsable do proceso de admisión e por tanto, a que publicará a listaxe de admitidos/as. Recomendámoslles que estean pendentes da páxina web da USC. A EUTS é allea ao proceso de admisión e de publicación das listas (é competencia exclusiva da USC).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

DIPLOMADOS POLA ESCOLA DE TRABALLO SOCIAL DE SANTIAGO: Só teñen que presentar a solicitude de admisión.

DIPLOMADOS POR OUTRA UNIVERSIDADE DISTINTA DA USC: Deben acompañar á solicitude da documentación que se relaciona:

  • Fotocopia do documento de identidade (NIF, NIE, ou pasaporte).
  • Certificación académica na que deberán figurar as materias cursadas, os créditos de cada materia ou, nos casos de planes non estruturados en créditos, o carácter anual ou cuadrimestral de cada materia así como as cualificaciones obtidas para a valoración do expediente.
  • Fotocopia compulsada do título ou da certificación supletoria que acredite que ten efectuado o depósito do título.

Proceso de matrícula Curso Puente

As listaxes de admitidos/as serán publicados pola USC.

A Escola de Traballo Social de Santiago de Compostela, é un centro privado, non subvencionado, adscrito á Universidade de Santiago. Por este motivo, o noso alumnado ten que realizar o seguinte procedemento para completar o seu proceso de matrícula:

  1. Unha vez convocado/a a matrícula pola USC, o/a alumno/a ten que formalizar a mesma na Universidade a través da secretaría virtual da USC nos prazos establecidos pola mesma: pendente de publicación pola USC
  1. Después de realizar a matrícula pública na USC, o alumnado debe fotocopiar a folla de liquidación de prezos públicos (folla de matrícula da USC), e adxuntala á documentación propia da EUTS co resto da documentación solicitada no Anexo I do arquivo. No  Anexo II do arquivo para a inscripción na EUTS establecense os prazos e prezos así como as contas bancarias onde realizar os ingresos.

PRAZOS MATRÍCULA NA USC: (enlace a matrícula na USC prema aquí)

  • 1º listaxe admitidos: Do 2 ao 4 de setembro de 2019
  • 2º listaxe admitidos: Do 6 ao 9 de setembro de 2019
  • Matrícula prazas vacantes (de ser o caso): Do 13 de setembro ao 2 de outubro de 2019

PRAZO INSCRIPCIÓN NA EUTS7 días naturais desde a realización da matrícula on-line na USC . Descarga de impresos EUTS, prema aquí

Para alumnado que continúe estudos no curso ponte (2º vez que se matricula en todo ou parte deste curso), os prazos de matricula son os mesmos que para o grao: Do 1 de xullo ao 5 de setembro on line na USC e a entrega da documentación na EUTS poderá facela en calquera dos seguintes prazos: do 1 ao 19 de xullo ou do 2 ao 13 de setembro de 2019

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2019-2020

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2019-2020, onde se recolle información... máis »