Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Administración e secretarí­a » Matrí­cula

Proceso de matrí­cula

No apartado Administración e secretaría>Descarga de impresos, pode descargar a documentación propia da EUTS

CONVOCATORIA MATRÍCULA CURSO 2022-2023

Unha vez matriculado na USC o alumnado ten que entregar a documentación propia na Escola. O proceso de matrícula non se considera completado ata que estea entregada a documentación propia na EUTS

 1. PROCEDEMENTO de matrícula na EUTS

O procedemento de matrícula na E.U.T.S. implica os seguintes pasos:

- En primeiro lugar e unha vez confirmada a admisión, os estudantes de novo ingreso, deben cumprimentar os impresos de matrícula a través de Internet, aboando os prezos públicos establecidos cada ano pola Consellería de Educación ( o 25% do prezo público establecido por crédito, ao tratarse dun centro adscrito).

- En segundo lugar, debe cubrir a documentación propia, aboar os prezos establecidos polo centro nas entidades bancarias sinaladas a tal efecto (Anexo II), e acompañar unha copia da folla de matrícula na USC. O alumnado de novo ingreso ten que incluir tamén unha copia do DNI. Todo iste enviarase á secretaria@euts.es, indicando no asunto Matrícula de..(apelidos do/a alumno/a).

Si o prefire, pode cubrir os documentos, imprimilos e, unha vez adxuntada a documentación requerida, enviala por correo postal certificado ou entregala presencialmente no enderezo:

Escola Universitaria de Traballo Social

Praza da Inmaculada, 5 - 3º

15704 Santiago de Compostela

Si opta polo envio postal lle recomendamos que, pasado un tempo prudencial, se poña en contacto co centro para confrimar a súa recepción

Polo tanto, para que un/ha alumno/a se considere matriculado/a na Escola Universitaria de Traballo Social, é necesario que estea matriculado na USC, teña entregado o resgardo de dita matrícula na Escola e estea inscrito/a nesta última.


Para a realización dos exames é imprescindible estar debidamente matriculado/a e ao día no pago das taxas, tanto da Universidade como da Escola.

Cotas e Bancos

Os prazos para o pago das cotas do curso 2022-2023 son:

  • 1ª cota: antes do 15 de outubro de 2022
  • 2ª cota: antes do 15 de novembro de 2022
  • 3ª cota: antes do 15 de febreiro de 2023
  • 4ª cota: antes do 15 de marzo de 2023

Os ingresos realizaranse en calquera das contas que figuran no arquivo adxunto, asegurándose de que figure o nome e apelidos do/a alumno/a

Prazos e documentación para inscrición curso 2022-2023

Alumnado de novo ingreso (matricula en 1º curso por primeira vez): Prema aquí

Alumnado que continua estudios: 

  • Do 1 de xullo ao 7 de setembro para matrícula na USC
  • Do 1 ao 29 de xullo ou do 1 ao 7 de setembro para entregar inscrición en EUTS

Alumnado novo ingreso no Curso Ponte ao Grao para diplomados en Traballo Social: Prema aquí

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR PARA INSCRICIÓN NA EUTS

Alumnado novo ingreso (1º curso por primeira vez): Unha vez formalizada a matrícula na USC deberá realizar a inscrición na EUTS enviando a seguinte documentación:

  • Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador e asinados cunha ID dixital que deberá crear no Acrobat. Para descarga e instruccións, prema aquí
  • DNI escaneado ou fotografiado por ambas caras
  • pdf da matrícula na USC
  • resgardo bancario co nome do/a alumno/a do pago da aportación inicial 
  • IMPORTANTE: se deben remitir todos estos documentos nun só correo a secretaria@euts.es poñendo en asunto Matrícula de (apelidos do alumno/a)
  • Do 5 ao 8 de setembro terá que entregar en Secretaría da EUTS unha fotografía tamaño carnet para a apertura do expediente

Unha vez comprobado que está toda a documentación correcta, o/a alumno/a recibirá un correo electrónico indicándolle a orde de inscrición na EUTS e, en base a esta, o grupo interactivo ao que queda asignado/a

Alumnado que continua estudos: Preferentemente entregarán a documentación presencialmente na Secretaría da EUTS

  • Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador e asinados cunha ID dixital que deberá crear no Acrobat. Para descarga e instruccións, prema aquí
  • pdf da matrícula na USC
  • resgardo bancario co nomre do/a alumno/a do pago da aportación inicial que lle corresponda

Alumnado Curso Ponte (matrícula por primeira vez): Unha vez formalizada a matrícula na USC deberá realizar a inscrición na EUTS enviando a seguinte documentación:

  • Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador e asinados cunha ID dixital que deberá crear no Acrobat. Para descarga e instruccións, prema aquí
  • DNI escaneado ou fotografiado por ambas caras
  • pdf da matrícula na USC
  • resgardo bancario co nome do/a alumno/a do pago da aportación inicial 
  • IMPORTANTE: se deben remitir todos estos documentos nun só correo a secretaria@euts.es poñendo en asunto Matrícula de (apelidos do alumno/a)
  • Do 5 ao 8 de setembro terá que entregar en Secretaría da EUTS unha fotografía tamaño carnet para a apertura do expediente
Destacados
Protocolo COVID-19 da EUTS e Guía actuación USC

Actualizado a 21 de abril de 2022

... máis »
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2022-2023

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2022-2023, onde se recolle información... máis »