Estudantes » Programas Mobilidade
Programa SICUE
Requisitos: Estar matriculado/a na USC no curso 2020-2021 en estudos oficiais de grao; ter superados un mínimo de 45 créditos e estar matriculado/a en 30 créditos máis. O requisito de superación de créditos deberá cumprirse a 15 de novembro de 2020.
Solicitudes: só se aceptarán as solicitudes en liña, a través da Secretaría Virtual do estudante da USC. prema aquí
Prazos: desde o 12 de febreiro (00:00 hs) ata o 4 de marzo (23:59:59 hs)
A coordinadora do Programa SICUE na EUTS é Purificación García Álvarez.
(*) para o curso 2021-2022 non admite prácticas no acordo académico
UNIVERSIDADE DE DESTINO | PRAZAS | MESES |
---|---|---|
Alicante | 2 | 5 |
Barcelona | 2 | 9 |
Castilla-La Mancha (Cuenca) | 1 | 9 |
Complutense de Madrid (*) | 3 | 9 |
Girona | 2 | 5 |
Girona | 2 | 9 |
Huelva | 2 | 9 |
Illes Balears (Palma de Mallorca) | 2 | 9 |
La Rioja | 1 | 9 |
Málaga | 1 | 9 |
Pablo de Olavide (Sevilla) | 2 | 9 |
Valladolid | 3 | 9 |
Zaragoza | 1 | 9 |
Erasmus+ International Credit Mobility [KA107]
Erasmus+ International Credit Mobility [KA107] para estudantes de Grao, para o estancias no curso 21/22. Os destinos son a Armenia, Bosnia e Xapón. Para case todos os destinos piden inglés B1.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 28 de febreiro, a través do rexistro electrónico da USC. Instrucciones para uso do rexistro, prema aquí
A información para a convocatoria esta na web da USC:
https://www.usc.gal/gl/perfis/internacional/programas/erasmusICM_KA107/erasmusicm_ka107_estudantes_outgoing_grao.html
Programa Erasmus
Prazo de solicitude: publicada a asignación de destino no taboleiro virtual
Lugar: Só se poderá presentar en liña a través da Secretaría Virtual do/a estudante da USC
O/A estudante terá a obriga de cargar os documentos requiridos na solicitude en liña
Institucións | País | Prazas | Meses |
Hochschule Neubrandenburg | Alemaña | 2 | 5 |
Università per Stranieri "Dante Alighieri" - Reggio | Italia | 2 | 5 |
Universidade de Coimbra | Portugal | 2 | 9 |
Instituo Superior Miguel Torga - Coimbra | Portugal | 2 | 9 |
Cooperativa de Ensino Superior de Serviço Social- Porto | Portugal | 2 | 5 |
Universidade de Trás os Montes e Alto Douro | Portugal | 3 | 5 |
O Coordinador do programa na EUTS é Xoán Carlos Bascuas Jardón
Máis información e documentos, enlace ao Portal Internacional da USC prema aquí
Convenios Bilaterais
PROGRAMA MOBILIDADE POR CONVENIOS BILATERAIS
PUBLICADA, NO TABOLEIRO VIRTUAL DA USC, LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS PARA CURSO 2021-2022. Preme aquí para enlace
A USC convoca prazas de mobilidade para realizar estudios en diversas universidades de países extracomunitarios. As prazas desta convocatoria son para: América Latina, Estados Unidos, Canadá, Australia, Rusia, Xapón, República Popular de China, Corea do Sur, Taiwan e Suiza, coas que a USC ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes
LUGAR PRESENTACIÓN: As solicitudes faranse exclusivamente on-line, a través da Secretaría Virtual.
PRAZO: fechado ata nova convocatoria
O Servizo de Relacións Exteriores xestiona todo o proceso
A convocatoria actual é única para estancias tanto do primeiro cuadrimestre, como do segundo cuadrimestre ou de todo o curso académico. Non se volverá a abrir a convocatoria en 2021 para estancias no 2º C.
Máis información: prema aquí
Prácticas KA1 Erasmus+

SPANISH UNIVERSITIES FOR EU PROJECTS . Proxecto financiado para a mobilidade do estudantado de educación superior en prácticas KA1 Erasmus+
O proxecto coordinado por Campus Iberus (www.campusiberus.es) e 13 universidades públicas españolas nace co obxectivo de formar aos nosos xoves nun área con gran proxeción profesional como é a xestión de proxectos
europeos.
Son prácticas Erasmus para grao, master e doutoramento sen recoñecemento de créditos.
O estudante non propón a empresa senón que na segunda fase daráselle
acceso a unha plataforma na que están os perfís das empresas participantes.
PERÍODO DE SOLICITUDE: Pechado ata nova convocatoria
Máis información:
http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/modulos/novidades/news_0162.html e nos arquivos que se achegan