Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Administración e secretarí­a » Descarga de impresos

DOCUMENTACIÓN PROPIA PARA INSCRICIÓN NA EUTS Curso 2023-2024

Los IMPRESOS DE INSCRICIÓN serán cubertos preferentemente, a ordenador

  • É moi importante ler os anexos e normas antes de cubrir os impresos.
  • No recibo bancario é obrigatorio que apareza o nome e apelidos do/da alumno/a.
  • Debe enviar o formulario cuberto e a documentación que se solicita no ANEXO I, nos prazos establecidos no mesmo. 

Os impresos son comúns para o alumnado de Grao e de Curso Ponte

A matrícula entregarase PRESENCIALMENTE, xunto á documentación indicada no ANEXO I e nos prazos establecidos, ou poderase remitir por correo postal certificado, tendo que figurar o selo de correos no impreso de inscrición (o dos datos persoais).

De xeito excepcional, admitirase o envío por correo electrónico, por causas debidamente xustificadas, e previa consulta e autorización do centro

Impreso preferencia campos ou áreas para Practicum 2023-2024

Comité de Ética na Investigación da USC

Resolución Reitoral sobre procedemento de avaliación previa de traballos de fin de estudos e outros traballos académicos no caso de intervención con seres humanos, obtención de mostras ou de datos persoais (07/05/2021).

O Consello de Goberno da USC, o 29 de xuño de 2023, acordou aprobar o Regulamento do Comité de Ética na Investigación da USC, o que supón o cambio de nome deste órgano colexiado de carácter consultivo.
Ata agora, denominábase Comité de Bioética da USC, nome que figuraba na documentación que se elaborou no centro, para implementar o procedemento que a  Resolución Reitoral 4/2021, sobre procedemento de avaliación previa de traballos de fin de estudos e outros traballos académicos no caso de intervención con seres humanos, obtención de mostras ou de datos persoais, (publicada o 7 de maio de 2021).

Polo tanto procedeuse a realizar o cambio de denominación de dito Órgano para actualizar a documentación empregada polo centro en dito proceso.

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »