Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Administración e secretarí­a » Matrí­cula

Cotas e Bancos

Os prazos para o pago das cotas do curso 2019-2020 son:

  • 1ª cota: antes do 15 de outubro de 2019
  • 2ª cota: antes do 15 de novembro de 2019
  • 3ª cota: antes do 15 de febreiro de 2020
  • 4ª cota: antes do 15 de marzo de 2020

Os ingresos realizaranse en calquera das contas que figuran no arquivo adxunto, asegurándose de que figure o nome e apelidos do/a alumno/a

Preinscrición alumnado novo ingreso curso 19-20

O/a estudante que desexe iniciar estudos oficiais de grao en Traballo Social deberá realizar unha solicitude de acceso ou preinscrición cumprimentando un formulario segundo as instrucións da USC, que pode atopar no seguinte enlace:

Preinscrición novo ingreso curso 19-20

Prazos preinscrición - CIUG - 2019: prema aquí

Proceso de matrí­cula

No apartado Administración e secretaría>Descarga de impresos, estará en breve, a documentación propia para descargar e entregar na EUTS

CONVOCATORIA MATRÍCULA CURSO 2019-2020

Prazos matrícula na USC para alumnado de NOVO INGRESO

CALENDARIO MATRÍCULA NOVO INGRESO

Data publicación

listaxe admitidos/as pola CIUG

Data matrícula USC e inscrición EUTS

 16 xullo: 1º listaxe admitidos/as

 

do 17 ao 19 xullo: prazo matrícula USC

do 17 ao 29 de xullo: prazo entrega documentación en EUTS

22 de xullo: 2º listaxe admitidos/as

 

do 23 ao 26 xullo: prazo matrícula en USC

do 2 ao 6 setembro: prazo entrega documentación en EUTS

30 de xullo: 3º listaxe admitidos/as

31 xullo ao 2 agosto: prazo matrícula USC

do 2 ao 6 setembro: prazo entrega documentación en EUTS

20 de agosto: 4º listaxe admitidos/as

do 21 ao 23 agosto: prazo matrícula USC

do 2 ao 6 setembro: prazo entrega documentación en EUTS

27 agosto: 5º listaxe admitidos/as

do 28 ao 30 agosto: prazo matrícula USC

do 2 ao 6 setembro: prazo entrega documentación en EUTS

3 de setembro: 6º listaxe admitidos/as

do 4 ao 6 setembro: prazo matrícula USC

do 9 ao 13 setembro: prazo entrega documentación en EUTS

10 de setembro: 7º listaxe admitidos/as

do 11 ao 13 setembro: prazo matrícula USC

do 11 ao 13 setembro: prazo entrega documentación en EUTS

Unha vez matriculado na USC o alumnado ten que entregar a documentación propia na Escola. O proceso de matrícula non se considera completado ata que estea entregada a documentación propia na EUTS

 1. PROCEDEMENTO de matrícula na EUTS

O procedemento de matrícula na E.U.T.S. implica os seguintes pasos:

- En primeiro lugar e unha vez confirmada a admisión, os estudantes de novo ingreso, deben cumprimentar os impresos de matrícula a través de Internet, aboando os prezos públicos establecidos cada ano pola Consellería de Educación ( o 25% do prezo público establecido por crédito, ao tratarse dun centro adscrito).

- En segundo lugar, con copia do resgardo de matrícula na USC deberán dirixirse á Secretaría da Escola para cubrir a documentación propia e aboar os prezos establecidos polo centro nas entidades bancarias sinaladas a tal efecto (Anexo II).

Este último paso pode facerse de xeito presencial na Secretaría da Escola ou descargando os impresos nesta páxina e enviando a documentación por correo postal certificado ao enderezo:

Escola Universitaria de Traballo Social

Praza da Inmaculada, 5 - 3º

15704 Santiago de Compostela

Polo tanto, para que un/ha alumno/a se considere matriculado/a na Escola Universitaria de Traballo Social, é necesario que estea matriculado na USC, teña entregado o resgardo de dita matrícula na Escola e estea inscrito/a nesta última.


Para a realización dos exames é imprescindible estar debidamente matriculado/a e ao día no pago das taxas, tanto da Universidade como da Escola.

 

Prazos inscrición na EUTS curso 2019-2020

O procedemento para completar a matrícula é o seguinte: Primeiro, realizar a matrícula on-line na USC, facer unha copia da folla de autoliquidación e adxuntala á documentación propia da EUTS (o alumnado de novo ingreso debe adxuntar tamén fotocopia do DNI e fotografía tamaño carnet). Para que un alumno se considere matriculado na Escola Universitaria de Traballo Social, é necesario que estea matriculado na USC, teña entregado a copia de dita matrícula na Escola e estea inscrito nesta última.

Para a realización dos exames é imprescindible estar debidamente matriculado e ao día no pago das taxas, tanto da Universidade como da Escola.

PRAZOS:

Alumnado de novo ingreso (1º Grao): prazos según tabla apartado de matrícula

Alumnado de 2º, 3º e 4º de Grao e Curso Ponte que continúa estudos:

  • En la USC:   do 1 de xullo ao 5 de setembro - on line
  • En la EUTS: do 1 ao 19 de xullo ou do 2 ao 13 de setembro (en calquera dos dous prazos)

Curso Ponte para Diplomados (novo ingreso):  7 días naturais desde a realización da matrícula on-line na Universidade. 

No apartado Administración e secretaría>Descarga de impresos está a documentación propia para descargar e entregar na EUTS nos prazos anteriormente mencionados

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2019-2020

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2019-2020, onde se recolle información... máis »