Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Administración e secretarí­a » Matrí­cula

Proceso de matrí­cula

No apartado Administración e secretaría>Descarga de impresos, pode descargar a documentación propia da EUTS

CONVOCATORIA MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Unha vez matriculado na USC o alumnado ten que entregar a documentación propia na Escola. O proceso de matrícula non se considera completado ata que estea entregada a documentación propia na EUTS

 1. PROCEDEMENTO de matrícula na EUTS

O procedemento de matrícula na E.U.T.S. implica os seguintes pasos:

- En primeiro lugar e unha vez confirmada a admisión, os estudantes de novo ingreso, deben cumprimentar os impresos de matrícula a través de Internet, aboando os prezos públicos establecidos cada ano pola Consellería de Educación ( o 25% do prezo público establecido por crédito, ao tratarse dun centro adscrito).

- En segundo lugar, debe cubrir a documentación propia, aboar os prezos establecidos polo centro nas entidades bancarias sinaladas a tal efecto (Anexo II), e acompañar unha copia da folla de matrícula na USC. O alumnado de novo ingreso ten que incluir tamén unha copia do DNI e 1 fotografía tamaño carnet. Todo iste enviarase por correo postal certificado ou entregarase presencialmente no enderezo:

Escola Universitaria de Traballo Social

Praza da Inmaculada, 5 - 3º

15704 Santiago de Compostela

Si opta polo envio postal lle recomendamos que, pasado un tempo prudencial, se poña en contacto co centro para confrimar a súa recepción

Polo tanto, para que un/ha alumno/a se considere matriculado/a na Escola Universitaria de Traballo Social, é necesario que estea matriculado na USC, teña entregado o resgardo de dita matrícula na Escola e estea inscrito/a nesta última.


Para a realización dos exames é imprescindible estar debidamente matriculado/a e ao día no pago das taxas, tanto da Universidade como da Escola.

Cotas e Bancos

Os prazos para o pago das cotas do curso 2023-2024 son:

  • 1ª cota: antes do 15 de outubro de 2023
  • 2ª cota: antes do 15 de novembro de 2023
  • 3ª cota: antes do 15 de febreiro de 2024
  • 4ª cota: antes do 15 de marzo de 2024

Os ingresos realizaranse en calquera das contas que figuran no arquivo adxunto, asegurándose de que figure o nome e apelidos do/a alumno/a

Prazos e documentación para inscrición curso 2023-2024

Alumnado de novo ingreso (matricula en 1º curso por primeira vez): Prema aquí

Alumnado que continua estudios: 

  • Do 3 de xullo ao 7 de setembro para matrícula na USC
  • Do 3 ao 28 de xullo ou do 1 ao 7 de setembro para entregar inscrición en EUTS

Alumnado novo ingreso no Curso Ponte ao Grao para diplomados en Traballo Social: Prema aquí

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR PARA INSCRICIÓN NA EUTS

Alumnado novo ingreso (1º curso por primeira vez): Unha vez formalizada a matrícula na USC deberá realizar a inscrición na EUTS entregando a seguinte documentación:

  • Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador. Para descarga e instruccións, prema aquí
  • Copia do DNI  por ambas caras
  • Copia do pdf da matrícula na USC
  • 1 fotografía tamaño carnet
  • resgardo bancario co nome do/a alumno/a do pago da aportación inicial 
  • Unha vez entregada a documentación na EUTS indicaráselle a orde de inscrición na EUTS e, en base a esta, o grupo interactivo ao que queda asignado/a

Alumnado que continua estudos: Entregarán a documentación presencialmente na Secretaría da EUTS

  • Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador . Para descarga e instruccións, prema aquí
  • Copia do pdf da matrícula na USC
  • resgardo bancario co nomre do/a alumno/a do pago da aportación inicial que lle corresponda

Alumnado Curso Ponte (matrícula por primeira vez): Unha vez formalizada a matrícula na USC deberá realizar a inscrición na EUTS entregando a seguinte documentación:

  • Impresos de Inscrición na EUTS - Cubertos a ordenador. Para descarga e instruccións, prema aquí
  • Copia do DNI  por ambas caras
  • Copia do pdf da matrícula na USC
  • resgardo bancario co nome do/a alumno/a do pago da aportación inicial 
Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »