Novas
Publicación listado provisional asignación de prazas SICUE 24
No taboleiro virtual desta web está publicada a listaxe provisoria de asignación de prazas SICUE 24, para estancias no curso 2024-2025, así como o prazo de reclamacións, pola Comisión de Asignación SICUE 2024
Coordinadora SICUE na EUTS: Leidi Viviana Moreno Parra
... máis »Publicación admitidos/as mobilidade por Convenios Bilaterais
Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as no programa de mobilidade por convenios bilaterais, no taboleiro virtual da USC
Aviso importante: O alumnado seleccionado ten de prazo ata o 4 de abril de 2024 para aceptar ou rexeitar a praza asignada
Coordinador convenios bilaterais na EUTS: Xoán Carlos Bascuas Jardón
... máis »I Xeira do Traballo Social - Día Mundial do Traballo Social - 19 marzo
I Xeira do Traballo Social - Celebración do Día Mundial do Traballo Social
Data de celebración: martes 19 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.
A finalidade é de dar a coñecer o labor das e dos profesionais en Traballo Social en diversas entidades públicas e de iniciativa social.
O noso Centro convertirase nun espazo de encontro, no que participará tamén o alumnado de 4º curso e en prácticas, colaborando nos stands informativos das súas entidades de prácticas en Santiago de Compostela.
... máis »Sesión Informativa alumnado que ten previsto realizar Practicum no curso 2024-2025
Sesión informativa dirixida ao alumnado que prevé realizar prácticas no vindeiro curso 2024-25.
Lugar e data de celebración: O martes 12 de marzo, de 16:30 a 18:30 na Aula 3.
Para poder realizar o Practicum no curso 2024-2025, A ASISTENCIA A ESTA SESIÓN É OBRIGATORIA. É moi importante a asistencia a esta sesión, posto que se explicará como é o procedemento de solicitude e adxudicación das prazas, requisitos, condicións a cumprir e outros aspectos relevantes.
Nesta sesión cumprimentarase e asinare o documento de "Preferencias de campos/áreas de prácticas" .
No caso da imposibilidade de asistir, é preciso contactar con Dolores de Administración ou coa Coordinadora de prácticas (Malena), posto que é imprescindible achegar o documento de "Preferencias de campos/áreas de prácticas" para poder xestionar as mesmas.
Mulleres Empoderadas: As pioneiras da Danza Contemporánea
Por mor da celebración do 8 de marzo, a EUTS ofrece a Charla "Mulleres Empoderadas: As pioneiras da Danza Contemporánea", dirixida a todo o alumnado do Centro
Día e Hora: 8 de marzo de 2024 - de 11:00 a 12:00 h
Lugar: Aula 1
Poñente: Xiana Vilas
... máis »