Novas
SESIÓN DO MES DE NOVEMBRO DO CLUB DE LECTURA DA EUTS
CLUB DE LECTURA
O mércores día 20 de novembro de 15:00 a 16:00 hs. na sala de lectura, celebrarase a 2ª sesión do Club de Lectura onde comentaremos o libro "O home que matou a Antía Morgade" de Arantza Portabales.
O límite de prazas son 20 e a inscrición poderase facer só en biblioteca@euts.es, dende o 25 de outubro ás 09:00 hs. ata o martes 19 de novembro ás 14:00 hs. ata cubrir prazas.
Resumo do libro: Santiago de Compostela, 2021: seis amigos acoden a unha cea de reencontro tras máis de dúas décadas sen verse. Durante o espectáculo de fogos artificiais previos á festividade do Apóstolo, un disparo de socato acaba coa vida dun deles.
Publicación listaxe definitiva asignación Practicum 2º cuadrimestre
No taboleiro virtual e no taboleiron de centro está publicada a asignación definitiva de prazas de Practicum para o 2º cuadrimestre. Ler con atención os avisos onde se indica a documentación a maiores que debe presentarse para poder tramitar as autorizacións de determinados centros de prácticas.
TODO O ALUMNADO DEBE ENTREGAR DECLARACIÓN DE PARENTESCO (2 exemplares) EN RELACIÓN AO CENTRO ASIGNADO. O prazo de entrega na Secretaría del Centro é do 22 ao 29 de outubro
... máis »Club de Lectura da EUTS
Este curso vaise poñer en marcha o Club de Lectura da EUTS co fin de fomentar a lectura entre o alumnado que polo feito de selo, xa é membro do devandito club.
As sesións serán en outubro, novembro, febreiro, marzo e abril. Máis ou menos un mes antes de cada unha publicitarase un cartel cos datos do libro a tratar, o día, a hora, a aula e a data de apertura da inscrición para os 20 primeiros interesados que se anoten no correo da biblioteca desde a apertura do prazo.
... máis »