Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Política de Privacidade e Aviso Legal » Política de Privacidade e Aviso Legal

RAT persoas sen vinculación actual co Centro e Información adicional

Rexistro de actividades de tratamento (RAT) I de persoas sen vinculación actual co Centro.

Información adicional de protección de datos relativa a:

  • Xerencia
  • Titorización externa de Practicum

Política de Privacidade e Aviso Legal

POLÍTICA DE PRIVACIDADE E  AVISO LEGAL

A Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales (en adiante “FUNDACIÓN”), con enderezo na Praza da Inmaculada, 5, 3º, 15704 Santiago de Compostela e CIF G-15666514, é unha persoa xurídica privada, de natureza fundacional, está declarada de interese galego e de interese docente, inscrita co nº 185 no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e foi constituída ante o Notario do Ilustre Colexio de A Coruña, D. José Antonio Montero Pardo, mediante escritura outorgada o 18 de febreiro de 1998 co nº 299 do seu protocolo. A Fundación, como  titular da Escola Universitaria de Traballo Social, asina coa USC a actualización do convenio de adscrición de esta o 15 de maio de 2001, que fora subscrito por primeira vez no ano 1983

Política de privacidade

A través deste sitio web non se recaban datos de carácter persoal das persoas usuarias, nin se ceden a terceiros, sen o seu coñecemento.

A FUNDACIÓN non utiliza cookies para recoller información das persoas usuarias, nin rexistra as direccións IP de acceso. Unicamente utilízanse cookies propias, de sesión, con finalidade técnica (aquelas que permiten á persoa usuaria a navegación a través do sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nela existen).

O portal do que é titular a FUNDACIÓN contén enlaces a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á da FUNDACIÓN. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir si acepta as súas políticas de privacidade e de cookies.

Información básica sobre protección de datos

A continuación informámoslle sobre a política de protección de datos da FUNDACIÓN.

Responsable do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puideran recoller directamente da persoa interesada serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da FUNDACIÓN.

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza a FUNDACIÓN, das que se informa especificamente ás persoas afectadas.

Lexitimación

O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigas legais por parte da FUNDACIÓN; fundamentado na base xurídica específica das actividades de tratamento, así como, no seu consentimento, cando a finalidade do tratamento o requira, e que será prestado mediante unha clara acción afirmativa.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Os datos poderán ser comunicados a terceiros por obriga legal, entre os que poden estar as comunicacións ao Defensor do Pobo, Xuíces e Tribunais, interesados nos procedementos relacionados coas reclamacións presentadas.

Os destinatarios para cada una de las actividades de tratamento da FUNDACIÓN, especifícanse na documentación que contén a información sobre cada unha delas.

Dereitos das persoas interesadas

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que dos seus datos leve a cabo a FUNDACIÓN.

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, con enderezo na Praza da Inmaculada, 5 -3º, 15704, Santiago de Compostela, a través dun escrito ao efecto e achegando fotocopia do DNI.

A persoa usuaria que accede ao Sitio Web comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza.

Aviso legal

Este portal, cuxo titular é a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais, con enderezo na Praza da Inmaculada, 5 -3º, 15704, Santiago de Compostela, teléfono: 981.583586, está constituído polo sitio web asociado ao dominio euts.es

Propiedade intelectual e industrial

O deseño do portal e os seus códigos fonte, así como o logo, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen á FUNDACIÓN e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Poderán ser tamén de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no Sitio Web e que figuran como persoas autoras ou titulares dos dereitos.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa da FUNDACIÓN ou dos terceiros correspondentes.

Quedan reservados en favor da FUNDACIÓN, todos os dereitos sobre calquera dos contidos, servizos ou elementos da súa propiedade que se incorporasen no Sitio Web, incluíndo, a título enunciativo e non limitativo:

  • Aqueles elementos que conforman a aparencia visual, imaxe gráfica e outros estímulos sensoriais das páxinas web que conforman o Sitio Web.
  • A arquitectura de navegación.
  • Os códigos fonte das páxinas web.
  • Fotografías.
  • Gravacións.
  • Programas de ordenador.
  • Base de datos.
  • Tecnoloxía.
  • Logotipos.
  • Signos distintivos.

Queda estritamente prohibida a utilización de todos os elementos obxecto de propiedade industrial e intelectual con fins comerciais así como a súa distribución, modificación, alteración ou descompilación.

Non obstante o anterior, o alumnado e profesorado da FUNDACIÓN conservará os dereitos de autoría que lles asisten respecto dos traballos e material académico elaborado polos mesmos, con finalidade docente e formativa, e accesibles neste sitio web.

A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.

Responsabilidade dos contidos

A FUNDACIÓN non se fai responsable da legalidade doutros sitios web de terceiros desde os que poida accederse ao portal. A FUNDACIÓN tampouco responde pola legalidade doutros sitios web de terceiros, que puidesen estar vinculados ou enlazados desde este portal.

A FUNDACIÓN resérvase o dereito a realizar cambios no sitio web sen previo aviso, ao obxecto de manter actualizada a súa información, engadindo, modificando, corrixindo ou eliminando os contidos publicados ou o deseño do portal.

A FUNDACIÓN non será responsable do uso que terceiros fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso de devandita información.

No Sitio Web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión pola persoa usuaria, polo que a FUNDACIÓN non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte da mesma.

Lei aplicable

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.

Todo litixio ou controversia que xurda entre a FUNDACIÓN e a persoa usuaria sobre a interpretación ou a aplicación destas condicións, ou en xeral, relacionado de xeito directo ou indirecta coa utilización dos servizos ofrecidos no Sitio Web será resolto polos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

Como requisito previo ao comezo do litixio, a FUNDACIÓN e a persoa usuaria obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo dun (1) mes contado dende a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.

Comunicacións

Para calquera comunicación que sexa precisa entre a FUNDACIÓN e a persoa  usuaria, esta deberá dirixirse ao enderezo indicado, mediante correo postal ou e-mail que figuren na web.

As comunicacións da FUNDACIÓN á persoa usuaria realizaranse mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada pola persoa usuaria.

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2019-2020

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2019-2020, onde se recolle información... máis »