Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Día Mundial do Traballo Social » Presentación

Aviso alumnado

Para facilitar a asistencia do alumnado e do profesorado ás Xornadas sobre Traballo Social e Feminismos, o día 12 de marzo suspéndese a actividade docente

Marzo de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL E DÍA DA MULLER

Do 11 ao 30 de marzo, a Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago celebra diversas actividades para conmemorar o día mundial do Traballo Social e o Día da Muller

 

I Xornadas Galegas de Traballo Social e Feminismos

I XORNADAS GALEGAS DE TRABALLO SOCIAL E FEMINISMOS

  • Data: 12 de marzo de 2020.
  • Horario: de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
  • Lugar: Centro Social Abanca Obra Social, Praza Cervantes, Santiago de Compostela
  • Descrición:

A Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela organiza co financiamento da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Igualdade), o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade, as I Xornadas Galegas de Traballo Social e Feminismos o 12 de marzo de 2020. Preténdese xerar e consolidar un espazo de sororidade entre as mulleres da academia, estudantes de traballo social, profesionais desta disciplina, ..., para reflexionar, compartir e adquirir maiores habilidades en prevención e intervención social desde un marco interpretativo feminista.

Para iso, contarase coas vivencias, resistencias, de mulleres decanas de Traballo Social; con experiencias do estudantado de Traballo Social de Galicia; e con achegas de profesionais do ámbito psicosocial para debater sobre prevención e intervención en violencia machista.

Ademais, levaranse a cabo traballos temáticos en función dos dous eixes, a prevención e a intervención, nos que se abordará o amor romántico; violencia sexual; pornografía, prostitución e tráfico sexual; violencia institucional; menores e mocidade vítimas de violencia machista; violencia machista cara a mulleres en situación de maior vulnerabilidade. A xornada rematará cunha lectura de conclusións e unha actuación poético-musical de Cintaadhesiva.

Esperámosvos

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2020-2021

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2020-2021, onde se recolle información... máis »