Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
CURSO PONTE para Diplomados en Traballo Social » Recoñecemento de créditos por experiencia profesional e/ou titorización

Recoñecemento de créditos por experiencia profesional e/ou titorización

A solicitude de recoñecemento de créditos así como as convalidacións, tramitaranse, unha vez que o/a alumno/a se teña matriculado/a, na UXA Norte (Unidade de Xestión Académica) da USC situada no Burgos das Nacións, s/n.

O recoñecemento de créditos axustarase ao establecido polo Ministerio de Educación conforme á redacción dada polo Real Decreto 861/2012 de 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais así como as resolucións reitorais da USC sobre a materia.

 O Plano de estudios establece, en relación ao curso ponte, o recoñecemento de créditos tal e como se especifica a continuación:

  • A experiencia profesional poderá ser obxecto de recoñecemento. Os diplomados aos que se oferta o curso de adaptación ou Curso Ponte ao Grao poderán ver recoñecidos ata 18 créditos ECTS por experiencia profesional relacionada coas competencias inherentes ao título.
  • Os/as traballadores/as sociais que teñan titorizado alumnos/as en prácticas da EUTS de Santiago do Plan da Diplomatura que se extingue ou do actual título de Grao en Traballo Social, poderán solicitar  recoñecemento de dita actividade ata un máximo de 18 créditos. Con anterioridade ao plan da Diplomatura a extinguir, a titorización de alumnado en prácticas só poderá ser avaliado cando o/a interesado/a dispoña de documentos que o acredite.
  • As materias Traballo de Fin de Grao e Xestión de Organizacións, non poderán ser obxecto de convalidación ou reconocimiento.

O baremo establecido para o recoñecemento de créditos axustarase ao seguinte:

 

 

ANOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL

 

CRÉDITOS

ECTS

CRÉDITOS DO PRACTICUM TITORIZADOS

 

CRÉDITOS

ECTS

 

De 2 a 5 anos

De 6 a 12 anos

13 anos ou máis

 

6

12

18

 

54-81

82-135

136 e máis

 

6

12

18

 

De acordo con esta taboa  recoñeceranse  un máximo de 36 créditos por experiencia profesional conxuntamente coa titorización do Practicum de Traballo Social da Escola de Santiago

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »