Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Día Mundial do Traballo Social » Presentación

20 de marzo de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL - 20 de marzo

Do 5 ao 22 de marzo, a Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago celebra diversas actividades para conmemorar o día mundial do Traballo Social:

Luns 5 de marzo
Montaxe e inicio da Exposición Relecturas  da Feminidade.
En diferentes espazos da Escola de Traballo Social.

Mércores 7 de marzo
13:00-14:00 na Aula 1
Contacontos para o traballo social a cargo de D. Victor Sanabria Marchena.
14:00 na Aula 1
Actuación musical do grupo de Ética e Traballo Social Las Morales.

Xoves 8 de marzo
Homenaxe ao Día  da Muller vestindo unha prenda ou portando un símbolo de cor violeta.
14:00 nas Escadas da entrada da EUTS
Concentración silenciosa e lectura de manifesto na que se fará foto para redes con hashtag #8MEUTS

Mércores 14 de marzo
13:00-14:00 na Aula 1
Inauguración oficial da Exposición Relecturas da Feminidade e charla sobre Arte e Feminismo impartida por Dª Silvia García González (Decana da Facultade de Belas Artes. Universidade de Vigo).

17:00-18:00 na Aula 1- Materia Fundamentos de Psicoloxía
Presentación do Manual “Traballo Social en Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas” a cargo de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia).

Xoves 15 de marzo
16:00-19:00 na Aula 1
Obradoiro “Comunicación e Conciencia”-Obradoiro de linguaxe inclusiva a cargo de ACADAR (Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia).

Luns 19 de marzo
09:00-12:30 na Aula 3- Materia Traballo Social e Xénero.
Teatro Forum con temática feminista a cargo de Farmamundi en colaboración co colecivo de Mulleres Matagalpa.

Martes 20 de marzo
16:00-17:30 na Aula 1
Mesa redonda Experiencias do alumnado de  Traballo Social en Primeira Persoa: México, Madrid e Galicia. Participantes: Atenea Artemisa Loera Álvarez, Santiago Salvador Ayala Rosales,  Malena Pozas Gil, Lucía Pastor González, Paula Tajuelo López, e Fernando García Cancela.

17:30-19:30 na Aula 1
Cineforum a cargo de Farmamundi: Xénero e Saúde.

Xoves 22 de marzo
16:00-19:30 na Cidade de Santiago de Compostela.
Xornada de Convivencia Lúdica: carreira de orientación na cidade vencellado ao traballo social.
Imprescindible inscrición previa ata o 9 de marzo no correo: lorena@euts.es
Mínimo 15 participantes, máximo 40.

Imaxes conmemorativas 1

Imaxes elaboradas por alumnado de 1º e 2º curso da EUTS

Imaxes conmemorativas 2

Imaxes elaboradas por alumnado de 3º curso e profesorado da EUTS

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2018-2019

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2018-2019, onde se recolle información... máis »