Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estrutura e organización » Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales

Presentación

A Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales é a entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social. Creada en 1999, foi declarada de interese galego e de interese docente.

Tal e como recollen os seus Estatutos, a Fundación ten por obxecto a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades socio-educativas, entre outras aquelas que consistan en:

- Organizar ciclos de estudios superiores de diverso grao e especialidade.
- Organizar cursos, seminarios, conferencias e reunións sobre temas de carácter socio-educativo.
- Promover a publicación dos resultados de estudios e investigacións realizados sobre eses temas.
- Colaborar nas actividades educativas e científicas dos seus membros ou de terceiros.
- Animar as actividades propias e as dos seus membros conforme aos principios de interdisciplinariedade, análise da realidade social, adaptación e integración no cambio, e de colaboración con outras entidades que desenvolvan actividades socio-educativas conforme aos principios inspiradores da actividade da Fundación.
- Colaborar en proxectos relacionados con institucións e organismos de orde social e asistencias.
- Atender a outras accións non expresamente mencionadas, que contribúan á consecución dos fins e obxecto fundacionais.

Padroado

Presidente de Honra

Excmo. e Rvdmo.Sr. D. Julián Barrio Barrio

Presidente

D. Vicente Arias Mosquera

Vicepresidente

D. Emilio Santos Vilariño

Secretario

D. Manuel Balseiro González

Vogais

  • Excmo. y Rvdmo. Sr. D. Luis Quinteiro Fiuza.
  • Dª Susana López Abella
  • D. Francisco Ramón Durán Villa

Delegada do Padroado na Escola de Traballo Social

Dª Teresa Facal Fondo

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2018-2019

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2018-2019, onde se recolle información... máis »