Estudantes de Novo Ingreso » Acceso
Acceso
PRAZAS OFERTADAS: 80
NOTA DE CORTE (curso 2023-2024): 5,628 convocatoria de xullo
PERFIL DE INGRESO: Non se esixe ningunha formación previa específica. O perfil de ingreso recomendado para os futuros estudantes é:
- Ter unha actitude activa de contribución ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e unha disposición de defensa da xustiza social.
- Sensibilidade cara as cuestións de desenvolvemento e incremento do benestar social, a saúde e calidade de vida das persoas.
- Habilidade para as relacións interpersoais, e dicir, capacidade empática, reflexiva, analítica e de adecuación aos cambios e dinámicas sociais.
- Interese por temas psicosociais tanto a nivel de opinión como de participación activa.
- Interese pola intervencion social en contextos problemáticos nos que viven algunhas persoas, grupos e comunidades.
- Ter inquietude e compromiso social.
- Interese para o traballo cooperativo e o traballo en equipo.
- Capacidade creativa e de adaptación a novas oportunidades.
SAÍDAS PROFESIONAIS
Os/as graduados/as en Traballo Social desenvolven a súa labor profesional en diversos campos e áreas relacionados cos Servizos Sociais e outros sistemas de Benestar Social, e reforzan cada día a súa presenza nas entidades de iniciativa social e empresas privadas. A gran variedade de servizos e institucións onde desempeña o seu traballo caracteriza a situación actual, así desenvolven a súa actividade en servizos sociais comunitarios e de saúde, en servizos e centros especializados (de persoas maiores, con discapacidade, con drogodependencias, menores en situación de desprotección, mulleres vítimas de violencia de xénero, etc.) e tamén na Administración Autonómica, nas Deputacións Provinciais, hospitais, institucións penitenciarias, etc,