Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudantes de Novo Ingreso » Acceso

Acceso

PRAZAS OFERTADAS: 80

NOTA DE CORTE (curso 2023-2024): 5,994 convocatoria de xullo

PERFIL DE INGRESO: Non se esixe ningunha formación previa específica. O perfil de ingreso recomendado para os futuros estudantes é:

  • Ter unha actitude activa de contribución ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e unha disposición de defensa da xustiza social.
  • Sensibilidade cara as cuestións de desenvolvemento e incremento do benestar social, a saúde e calidade de vida das persoas.
  • Habilidade para as relacións interpersoais, e dicir, capacidade empática, reflexiva, analítica e de adecuación aos cambios e dinámicas sociais.
  • Interese por temas psicosociais tanto a nivel de opinión como de participación activa.
  • Interese pola intervencion social en contextos problemáticos nos que viven algunhas persoas, grupos e comunidades.
  • Ter inquietude e compromiso social.
  • Interese para o traballo cooperativo e o traballo en equipo.
  • Capacidade creativa e de adaptación a novas oportunidades.

SAÍDAS PROFESIONAIS

Os/as graduados/as en Traballo Social desenvolven a súa labor profesional en diversos campos e áreas relacionados cos Servizos Sociais e outros sistemas de Benestar Social, e reforzan cada día a súa presenza nas entidades de iniciativa social e empresas privadas. A gran variedade de servizos e institucións onde desempeña o seu traballo caracteriza a situación actual, así desenvolven a súa actividade en servizos sociais comunitarios e de saúde, en servizos e centros especializados (de persoas maiores, con discapacidade, con drogodependencias, menores en situación de desprotección, mulleres vítimas de violencia de xénero, etc.) e tamén na Administración Autonómica, nas Deputacións Provinciais, hospitais, institucións penitenciarias, etc,

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »