Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estrutura e organización » Presentación

A Escola universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela, pioneira na formación de traballadores sociais en Galicia, ten as súas orixes na Escola de Asistentes Sociais fundada no ano 1957 polo P. Francisco Gómez Fernández (S.J.). A súa personalidade xurídica foi ostentada pola Escola de Ensino Social de Galicia ata 1999. A partir dese ano pasa a depender da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade declarada de interese galego e de interese docente. A Escola está adscrita á Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1983.


Nesta traxectoria, entre os nosos obxectivos estivo sempre como prioritario realizar unha oferta de calidade. Acorde a iso e co desexo de continuar mellorando e achegar unha ferramenta de traballo útil para todos os que nos interesamos polo traballo social e a formación, che damos a benvida á web da Escola.


A este desexo xenérico, súmase a intención específica de utilidade para profesores, alumnado e persoal de administración e servizos do centro e a contribución colectiva para mellorar así a nosa capacidade de servizo.


Benvid@s


Teresa Facal Fondo
Directora

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »