Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudantes » Bolsas e axudas

Bolsa de apoio á aula de informática

Convócanse 3 prazas para cubrir 30 hs semanais de atención a Aula de Informática (10 hs por praza) ao inicio do primeiro cuadrimestre.

Prazo de presentación de solicitudes: Do 11 ao 14 de setembro de 2018

Documentación a entregar:

  • Solicitude segúndo modelo oficial
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados
  • Copia do Expediente Académico
  • Experiencia en postos similares

Máis información en convocatoria adxunta (incluindo outros aspectos a valorar)

 

Axudas ao estudio

A Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales convoca anualmente, no mes de novembro, as Axudas ao estudio concebidas como axudas ao custo da matrícula na Escola, sen que repercutan nas cuantías por precios públicos e sen que a axuda poida ser destinada a ningunha outra finalidade.

Dirixidas ao: alumnado da EUTS que reúna os requisitos da convocatoria anual ( en archivo adjunto)

Datas solicitudes: Cerrado - Modelo impreso solicitude adxunto. Deben imprimirse as dúas caras nunha soa folla (anverso e reverso).

Documentación que debe acompañar á socilitude:

1. Fotocopia do resgardo de matrícula na Universidade.
2. Fotocopia do certificado do seu expediente académico actualizado, onde conste a nota media.
3. Fotocopia completa da ou das declaracións do Imposto sobre a Renda da unidade familiar na que figure incluido o solicitante,
correspondente ao último exercicio, salvo que dita unidade pola cuantía dos seus ingresos estivese exenta de efectuala, situación que
deberá xustificar oportunamente.
4. En caso de separación ou divorcio é necesario acreditar o importe actualizado da pensión percibida do ano en curso ou, no seu defecto,
documentar que non se percibiu.

Poderanse recabar do solicitante outros documentos ou informacións que se consideren precisos.

NOTA: Esta axuda será incompatible coa percepción da cuantía máxima da Bolsa do Ministerio.

Axudas ao alumnado saínte, participante en programas de mobilidade

O alumnado propio da EUTS que participa en algún dos programas de mobilidade, pode solicitar esta axuda que o exime do abono de dúas das cotas que lle corresponden pola matrícula de curso completo. Dita axuda non se pode destinar a ningunha outra finalidade

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2018-2019

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2018-2019, onde se recolle información... máis »