Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudantes » Recoñecemento de créditos

Formación Profesional

Con data 5 de decembro de 2012 asinouse o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades de Galicia (Santiago, Coruña e Vigo) para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de grao superior da formacion profesional inicial e materias de estudos universitarios. Esto supón o recoñecemento directo de créditos nos estudos universitarios oficiais de grao, segundo a taboa publicada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. En 2019 a Xunta publica o catálogo actualizado para o curso 2019-2020 e sucesivos

Consulta da relación de estudos e validacións, na páxina web da Consellería: prema aquí.

En arquivo adxunto, extrato do catálogo actualizado coas validacións recoñecidas para a EUTS de Santiago

Grao en Traballo Social

A Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, establece que, de acordo co artigo 46.2.i da Lei orgánica 6/2001 de 21 de decembro de universidades, os estudiantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias, culturaism deportivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación, ata un máximo de 6 créditos do total do plan de estudios cursado. Esta norma tamén permite o recoñecemento de créditos por realización de actividades transversais.

Actualmente a USC eliminou a esixencia de acreditar un nivel B1 nunha lingua estranxeira para poder graduarse.

Resolución Reitoral 2 de abril de 2012

Resolución Reitoral de 2 de abril de 2012 de modificacións dos recoñecementos por actividades deportivas e/ou culturais para os Graos

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »