Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudantes » Bolsas e axudas

Bolsa de apoio á aula de informática

Convocase unha Bolsa Compartida (3 alumnos/as) de Apoio á Aula de Informática da EUTS para o 1º cuadrimestre do curso 2024-2025. Cada alumno/a adicará 10 horas semanais á atención da Aula. Coantía da bolsa e máis información na convocatoria

Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 20 de setembro de 2024

Documentación a entregar:

  • Solicitude segundo modelo oficial
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados
  • Copia do Expediente Académico
  • Experiencia en postos similares

 

 

Axudas ao estudio da Fundación Santiago Apóstol de CC.SS.

A Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales convoca anualmente, no mes de novembro, as Axudas ao estudo concebidas como axudas ao custo da matrícula na Escola, sen que repercutan nas cuantías por precios públicos e sen que a axuda poida ser destinada a ningunha outra finalidade.

Dirixidas ao: alumnado da EUTS que reúna os requisitos da convocatoria anual.

Datas solicitudes: Fechado ata convocatoria do curso 24-25. Só se admitirá a presentación da solicitude de xeito presencial, na Secretaría do Centro 

Documentación que debe acompañar á socilitude:

1. Fotocopia do resgardo de matrícula na Universidade.
2. Fotocopia do certificado do seu expediente académico actualizado, onde conste a nota media.
3. Fotocopia completa da ou das declaracións do Imposto sobre a Renda da unidade familiar na que figure incluido/a o/a solicitante, correspondente ao último exercicio, salvo que dita unidade pola cuantía dos seus ingresos estivese exenta de efectuala, situación que deberá xustificar oportunamente. No entanto o anterior, en caso de estar exento/a, debe achegar certificado de ingresos de cada un dos membros da unidade familiar
4. En caso de separación ou divorcio é necesario acreditar o importe actualizado da pensión percibida do ano en curso ou, no seu defecto,
documentar que non se percibiu.

Poderase recabar do/a solicitante outros documentos ou informacións que se consideren precisos.

Axudas ao alumnado saínte, participante en programas de mobilidade

O alumnado propio da EUTS que participa en algún dos programas de mobilidade, pode solicitar esta axuda que o exime do abono de dúas das cotas que lle corresponden pola matrícula de curso completo. Dita axuda non se pode destinar a ningunha outra finalidade

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2024-2025

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2024-2025, onde se recolle información... máis »