Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

04/06/2024

Convocatoria prácticas académicas externas do Programa Campus Rural

Convocatoria prácticas académicas externas do Programa Campus Rural

Convocatoria de prácticas académicas externas do Programa Campus Rural, organizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o Ministerio de Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela. Edición 2024.

Número de prazas: 15 para estudantes de Grao e Master oficial da USC

Duración: entre 2 e 5 meses

Período para a realización: entre o 1 de xuño e o 15 de setembro de 2024

Requisitos:

  1. Estar matriculado/a nunha titulación que figure entre as descritas na oferta de prácticas (ver convocatoria)
  2. Poderá elexir só ofertas dunha provincia diferente a aquela onde realiza os estudos
  3. Manifestar estar disposto/a a residir no mesmo municipio no que realizará a práctica
  4. Non tener cuberto o número máximo de créditos de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares
  5. Non ter realizado o depósito do título de grao. No caso de facelo durante o período de desenvolvemento das prácticas, o trámite de depósito porá fin ás prácticas
  6. Non manter ningunha relación contractual coa USC.

Solicitude: Mediante escrito dirixido á Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo, no modelo oficial que figura como Anexo II da convocatoria., presentado a través do Rexistro Electrónico da USC

Prazo de solicitude:  remata o 14 de xuño de 2024

Ademáis da oferta publicada na convocatoria, ofértase tamén a Asociación Pratodo, que realiza as súas iniciativas no campo do desenvolvemento sostible en Viveiro e contorna, ofertando prazas para Traballo Social, entre outras titulacións.

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »