Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

07/09/2020

Publicación Horario EUTS - Escenario 2

Publicación Horario EUTS - Escenario 2

A resolución reitoral do 2 de setembro de 2020 establece o paso da docencia na USC ao Escenario 2 cando sexa necesario, mantendo na presencialidade a distancia de seguridade nas aulas e o uso da máscara facial. A EUTS, no seu protocolo de prevención e hixiene ante a COVID 19 aprobado en Xunta de Centro o día 30 xullo, recollendo as intrucións e directrices que nese momento indicaban tanto a USC como as autoridades sanitarias, establece as condicións da docencia en cada un dos 3 Escenarios posibles. No mesmo indícase que, no caso de pasar ao Escenario 2, a docencia expositiva pasaría a impartirse en liña (xunto aos TGR) e a docencia interactiva faríase de xeito presencial.

Ante as novas instrucións de mantemento da distancia de seguridade e ao dispoñer das aulas onde se ía impartir a docencia expositiva é preciso facer unha reorganización dos grupos interactivos que garante a distancia de seguridade entre as persoas en todo momento.

Publícase por tanto o horario para o curso 2020-2021 no Escenario 2 reorganizado para adaptarse ás novas condicións sanitarias. Pode consultalo por curso, no apartado Estudos>Horario de clase e atención ao alumnado

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2020-2021

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2020-2021, onde se recolle información... máis »