Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

26/06/2020

Información actualizada sobre trámites e acceso á EUTS

Información actualizada sobre trámites e acceso á EUTS

Tras o levantamento do estado de alarma, a USC regulou a apertura progresiva e controlada dos seus centros (R.R. do 22 de xuño de 2020) e a EUTS, seguindo un esquema similar, procede tamén a abrir o centro para a atención ao público e aos seus estudantes, con cita previa para evitar no posible a coincidencia de grupos de persoas. Ábrese, por tanto, a efectos de:

  • Trámites e xestións administrativas (solicitar cita en secretaria@euts.es)
  • Biblioteca para servicios de préstamo, devolución de obras e lectura en sala (preferentemente solicitar cita en biblioteca@euts.es), sin que a ocupación, neste último caso poida superar o 75% da capacidade máxima permitida.

Seguindo as instrucións da USC, o público que acceda aos centros deberá portar obrigatoriamente máscara de protección facial.

As actividades docentes  (exámenes, revisións, titorías e tribunais de defensa de TFG) continuarán realizándose telemáticamente.

Con data de 22 de xuño de 2020 o Consello de Goberno da USC aprobou a modificación do calendario lectivo, establecéndose o inicio do periodo lectivo correspondente ao primeiro cuadrimestre o 21 de setembro. O calendario para a elaboración e publicación na web dos horarios das materias establece como data límite o 3 de xullo.

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2019-2020

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2019-2020, onde se recolle información... máis »