Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

14/05/2020

Convocada axuda extraordinaria por COVID 19

Convocada axuda extraordinaria por COVID 19

Aberto o prazo de solicitude da Axuda Extraordinaria por COVID-19 dirixida ao alumnado que se indica na convocatoria prema aquí

Prazo presentación solicitudes: Do 14 ao 29 de maio de 2020, en impreso oficial (prema aquí) enviando a documentación por correo electrónico á secretaría da EUTS

Conscientes das situacións que se están xerando a raíz da excepcionalidade sociosanitaria que estamos a vivir, o Padroado da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales e a Dirección da Escola Universitaria de Traballo Social non queren permanecer alleas ás dificultades que poidan xurdir.

En consecuencia, anunciamos unha liña de axudas puntuais e excepcionais, únicamente imputables aos gastos que xera estudar na EUTS, para aquelas persoas as que, no seu día, lle foi concedido o fraccionamento de cotas, e na actualidade pasan por dificultades engadidas. Os fondos destinados ás axudas determinaranse en función da contía do aforro xerado en subministros e funxibles durante o período no que o centro permaneza pechado, e terá como finalidade apoiar situacións excepcionais xeradas polo coronavirus. Os requisitos e documentación requirida publicaranse nos taboleiros e na web da EUTS unha vez rematado o período de confinamento.

En tanto non se determine o procedemento e se publique a convocatoria, aquelas persoas que cumpran o requisito básico de ter pagos pendentes e que consideren que poderían ter a condición de beneficiarias, poden suspender os pagos ata a valoración do caso según os requisitos específicos que se establezan na convocatoria, comunicando á secretaría do centro esta circunstancia.

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2019-2020

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2019-2020, onde se recolle información... máis »