Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

01/04/24

Exposición Juana de Vega

Do 3 de abril ao 2 de maio celebrarase unha exposición sobre a figura de Juana de Vega, na sede da EUTS .

Inauguración: O xoves 4 de abril de 10:00 a 11:00 hs coa charla "Juana de Vega, leccións dunha muller de vangarda" impartida por D. Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega. (Aula 3)

... máis »
19/03/24

Publicación admitidos/as mobilidade por Convenios Bilaterais

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as no programa de mobilidade por convenios bilaterais, no taboleiro virtual da USC

Aviso importante: O alumnado seleccionado ten de prazo ata o 4 de abril de 2024 para aceptar ou rexeitar a praza asignada

Coordinador convenios bilaterais na EUTS: Xoán Carlos Bascuas Jardón

... máis »
15/03/24

I Xeira do Traballo Social - Día Mundial do Traballo Social - 19 marzo

I Xeira do Traballo Social - Celebración do Día Mundial do Traballo Social

Data de celebración: martes 19 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

A finalidade é de dar a coñecer o labor das e dos profesionais en Traballo Social en diversas entidades públicas e de iniciativa social.

O noso Centro convertirase nun espazo de encontro, no que participará tamén o alumnado de 4º curso e en prácticas, colaborando nos stands informativos das súas entidades de prácticas en Santiago de Compostela.

... máis »
07/03/24

Sesión Informativa alumnado que ten previsto realizar Practicum no curso 2024-2025

Sesión informativa dirixida ao alumnado que prevé realizar prácticas no vindeiro curso 2024-25.

Lugar e data de celebración: O martes 12 de marzo, de 16:30 a 18:30  na Aula 3.

Para poder realizar o Practicum no curso 2024-2025, A ASISTENCIA A ESTA SESIÓN É OBRIGATORIA. É moi importante a asistencia a esta sesión, posto que se explicará como é o procedemento de solicitude e adxudicación das prazas, requisitos, condicións a cumprir e outros aspectos relevantes.

Nesta sesión cumprimentarase e asinare o documento de "Preferencias de campos/áreas de prácticas" . 

No caso da imposibilidade de asistir, é preciso contactar con Dolores de Administración ou coa Coordinadora de prácticas (Malena), posto que é imprescindible achegar o documento de "Preferencias de campos/áreas de prácticas" para poder xestionar as mesmas.

... máis »
28/02/24

Mulleres Empoderadas: As pioneiras da Danza Contemporánea

Por mor da celebración do 8 de marzo, a EUTS ofrece a Charla "Mulleres Empoderadas: As pioneiras da Danza Contemporánea",  dirixida a todo o alumnado do Centro

Día e Hora: 8 de marzo de 2024 - de 11:00 a 12:00 h

Lugar: Aula 1

Poñente: Xiana Vilas

... máis »
Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »