Estudantes » Programas Mobilidade
Programa Erasmus para estancias 2025-2026
Enlace á páxina do Servizo de Relacións Exteriores (SRE): https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional/mobilidade-estudantes/erasmus-saintes
Prazo presentación solicitudes: Do 10 ao 30 de decembro de 2024
Requisitos: Estar matriculado nun grao da USC no curso actual e, no caso de ser seleccionado/a, formalizar matricula nese mesmo grao no curso 25-26. Ter superados, como mínimo o 15% dos créditos da titulación (no caso do noso grao, 36 créditos ECTS). Este requisito deberá cumprirse a 31 de outubro de 2024.
Lugar de presentación: A USC só admite a presentación de solicitudes en liña, a través da secretaría virtual da USC. É obrigatorio cargar na solicitude en liña toda a documentación requirida na convocatoria. No caso de que, por motivos imputables á USC, non sexa posible realizar a solicitude en prazo a través da secretaría virtual, a persoa afectada deberá presentar un escrito no Rexistro Electrónico dirixido á Oficina de Movilidade, indicando esta circunstancia nese mesmo prazo.
O coordinador do programa ERASMUS na EUTS é o profesor Xoán Carlos Bascuas Jardón ([email protected]).
No arquivo "Presentación" infórmase das becas e axudas posibles para este programa. É importante ler a convocatoria e a cronoloxía do proceso.
No arquivo Anexo I, en excel, indícase o nivel de idioma necesario para participar no programa, en cada caso. Como novidade, este curso se inclúe un destino en Francia (INSTITUT REGIONAL DU TRAVAIL SOCIAL (IRTS) DE LORRAINE)
Prácticas Erasmus KA171 para Universidades de Bosnia
Universidades de destino: Universidade de Sarajevo e Universidade Banja Luka. Ofértanse 2 prazas en cada Universidade, para todo o alumnado de grao da USC
Requisitos: Ter superados 36 ECTS con data 31/10/2023 e acreditar un nivel B1 de inglés antes da data de fin da solicitude
Prazo de presentación: Pechado ata nova convocatoria
Duración da estancia: máximo 5 meses
Axuda: 700 €/mes máis 360€ para viaxe
Máis información: prema aquí, e na convocatoria
Programa SICUE
PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS pola USC:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125661/carga.htm
Requisitos: Ter superados un mínimo de 45 créditos no curso anterior ao da convocatoria e estar matriculado/a en 30 créditos como mínimo no curso en vigor. Ver procedemento na Convocatoria
Solicitudes: só se aceptarán as solicitudes en liña, a través da Secretaría Virtual do estudante da USC. prema aquí
Prazos: Fechado ata nova convocatoria
A coordinadora do Programa SICUE na EUTS é Leidi Viviana Moreno Parra.
UNIVERSIDADE DE DESTINO | PRAZAS | MESES |
---|---|---|
Alicante | 2 | 5 |
Barcelona | 2 | 9 |
Castilla-La Mancha (Cuenca) | 1 | 9 |
Complutense de Madrid (*) | 3 | 9 |
Girona | 2 | 5 |
Girona | 2 | 9 |
Huelva | 2 | 9 |
Illes Balears (Palma de Mallorca) | 2 | 9 |
La Rioja | 1 | 9 |
Málaga | 1 | 9 |
Navarra - Universidad Pública de Navarra | 2 | 5 (só 1º C) |
Pablo de Olavide (Sevilla) | 2 | 9 |
Salamanca | 2 | 9 |
Valladolid | 3 | 9 |
Zaragoza | 1 | 9 |
Convenios Bilaterais
PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS pola USC:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125663/carga.htm
Prazo para aceptar ou rechazar a praza: Pechado ata nova convocatoria
A USC convoca, para o curso académico 2024-25 prazas de mobilidade para a realización de estudos en diversas universidades de países extracomunitarios (América Latina, Europa do Leste, Asia, Suiza, Estados Unidos, Canada e Australia) coas que a USC ten formalizado convenio de intercambio bilateral de estudiantes.
As prazas ofertadas recóllense nos Anexos I (todos os destinos excluíndo Suiza) e Anexo II (destinos só Suiza)
Lugar e prazo de presentación de solicitudes: A través da Secretaría Virtual da USC (en liña) . Fechado ata nova convocatoria
Requisitos académicos:
- Antes do fin do prazo de solicitudes, o estudiantado deberá acreditar o coñecemento da língua oficial o pais de destino ou da língua de uso da universidad de acollida.
- Deberá estar matriculado/a na USC no curso 23-24 nun título oficial de grao e ter unha cualificación media mínima de 6. Este requisito deberá cumprirse con data 31/10/2023.
- Deberá ter superado o 15% dos créditos da titulación con data 31/10/2023 non entrando neste cómputo os superados no curso 23-24.
Máis información: prema aquí