Novas
Conmemoración do Día Mundial do Traballo Social 2025
O día 18 de marzo celebraremos o Día Mundial do Traballo Social, baixo o lema: Fortalecer a solidaridade interxeneracional para un benestar duradero
Para conmemorar o Día Mundial do Traballo Social, o vindeiro 18 de marzo terán lugar, na EUTS, os seguintes eventos
- De 11:00 a 12:30 horas contarase coa presenza de Antonio Doval, coordinador do GIES do COTSG e traballador social no Hospital Montecelo de Pontevedra que impartirá unha conferencia sobre o papel do traballo social nas emerxencias e grandes catástrofes cos obxectivos de definir a figura do traballo social neste ámbito, coñecer os tipos de emerxencias onde se pode actuar e saber como actuar antes, durante e despois da crise.
- Seguidamente, de 12:30 a 13:30 horas, Charla "O Traballo Social e a escrita creativa". Pablo Veiga e Fernanda Arrojo farán unha achega á relación entre a literatura e o traballo social facendo unha presentación de obra literarias.
8 de marzo - Día Internacional da Muller - Programación na EUTS
Baixo o lema Mulleres visibles, loita imparable, e co obxectivo de conmemorar o día internacional da muller na EUTS propoñense as seguintes actividades, ás que se convida a participar a toda a comunidade educativa do Centro
- Mulleres en días de entroido: os días 28 de febreiro, 5, 6 e 7 de marzo, convídase a que as persoas que así o desexen veñan disfrazadas dalgunha muller representativa das ondas do feminismo, ou no seu defecto, usar algunha prenda de cor Lila
- Charla: o día 7 de marzo de 10:30 a 12:00
- Mural: traer impresa unha fotografía con breve descrición e visibilizar a labor de tres mulleres nos ámbitos do arte, a ciencia e investigación, saúde, deporte, xerontoloxía, educación, traballo social, industria ou empresa, tecnoloxía, política ou calquera outra área
Convocatoria Mobilidad por Convenios Bilaterales USC
A USC ven de publicar a convocatoria do programa de mobilidade a través de Convenios Bilaterais con Universidades de América Latina, Asia, Estados Unidos e Canada.
Máis información e prazas ofertadas: prema aquí
Prazo presentación solicitude e lugar: Do 22 de febreiro ao 7 de marzo de 2025, a través da Secretaría Virtual d Estudante da USC
... máis »Convocatoria Prácticas Externas Extracurriculares - Consello Social da USC
Aberto o prazo para solicitar, ante o Consello Social da USC, prácticas extracurriculares
Solicitude: Na sede electrónica da USC, no enlace https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/129/ver.htm
Prazo de solicitude: Do 11 ao 24 de febreiro de 2025
Requisitos: Ter superados, a lo menos, 90 ECTS. Resto de requisitos ver na convocatoria
... máis »Reunións Practicum para curso 2025-2026
O estudantado que ten previsto realizar o Practicum no vindeiro curso (2025-2026) está convocado a unha reunión, tal e como se indica no arquivo colgado no taboleiro virtual. Consultade o día no que se vos convoca, a cada un/ha.
... máis »