Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

17/12/25

XV Congreso Estatal Traballo Social - Gijón 2026

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), abre convocatoria de 20 bolsas para asistir ao Congreso Estatal 2026 en Gijón (28 a 30 maio de 2026) dirixidas a toda a colexiación do COTSG (colexiados/as ou precolexiados/as)

Prazo de solicitude: ata o domingo 28 de decembro ás 23:59 h, cubrindo o formulario de inscrición ao que pode acceder premendo aquí

... máis »
27/11/25

Publicación horario uso Aula Informática en decembro

No apartado Servizos>Aula de informática, está publicado o horario de uso da Aula no mes de decembro

... máis »
27/11/25

Aberta Convocatoria de Mobilidade ERASMUS - para estancias 26-27

A USC só admite as solicitudes presentadas en liña, a través da Secretaría Virtual do Estudantado

Prazo: Do 27 de novembro ata o 22 de decembro de 2025 (ás 23:59h)

No Apartado Estudantes>Programas de Mobilidade, está colgado:

  • Convocatoria Erasmus 25-26 (para estancias curso 2026-2027)
  • Extracto Anexo I - Prazas para Traballo Social
  • Anexo II - Título de idiomas recoñecidos
  • Cronoloxía do proceso
  • Power point informativo
... máis »
13/11/25

Prazo de solicitude de modificación de hora de exame por sincronía

Prazo de solicitude de modificación de hora de exame por sincronía: A solicitude poderá presentarse ata un mes antes do inicio do período oficial de exames fixado pola USC, correspondente á oportunidade na que se dea a coincidencia.

Ver procedemento de solicitude en Normativa de interese desta web

... máis »
13/11/25

Titular Bancario Contas do Centro

A nova normativa bancaria, en relación á realización de transferencias, esixe que se inclúa o nome do/da Titular da Conta á que se quere realizar unha transferencia.

O titular das contas bancarias que figuran nos anexos dos documentos de inscripción da EUTS é Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, que é a entidade xurídica titular da EUTS.

... máis »
Destacados
Memorias Académicas e de Actividades (II) Fundación Santiago Apóstol

Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »

Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2025-2026

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2025-2026, onde se recolle información... máis »