Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudantes de Novo Ingreso » Matrícula

Matrícula

Unha vez confirmada a admisión, realizarase a matrícula na USC (on-line a través da súa páxina). Posteriormente entregarase a documentación propia da Escola Universitaria de Traballo Social na Secretaría do Centro (descargar impresos) xunto coa copia da matrícula realizada na USC, copia do DNI, 1 foto tamaño carnet e resgardo bancario da aportación inicial, nos prazos establecidos para esto que se relacionan a continuación na táboa

Enlace a matrícula na USC: prema aquí

PREZOS

Como estudante dun centro adscrito, abonará o 25% das taxas públicas ao formalizar a matrícula na USC.

Os prezos da Escola por curso completo (1ª matrícula - primera vez que o/a estudante se matricula nun curso) para 2025-26 son os seguintes:

Aportación inicial: 1.000,00 €

Catro cotas de 430,00 € cada unha, a aboar nos seguintes prazos:

  • 1ª cota antes do 15 de outubro
  • 2ª cota antes do 15 de novembro
  • 3ª cota antes do 15 de febreiro
  • 4ª cuota antes do 15 de marzo

Nota: Aínda que a efectos de xestión administrativa establécense estos prazos, admítese solicitude motivada de aprazamento ou fragmentación dos pagos.

CALENDARIO MATRÍCULA NOVO INGRESO - CURSO 2025-2026

Data publicación

listaxe admitidos/as pola CIUG

Datas matrícula USC e

Datas para inscrición EUTS

1ª listaxe: 8 de xullo

do 9 ao 10 de xullo (ata as 14:00 hs) na USC

do 9 ao 11 de xullo (ata as 14:00 hs) na EUTS

2ª listaxe: 14 de xullo

15 e 16 de xullo (ata as 14:00 hs) na USC

do 15 ao 17 de xullo (ata as 14:00 hs) na EUTS

3ª listaxe: 18 de xullo

do 19 ao 21 de xullo (ata as 14:00 hs) na USC

21 e 22 de xullo (ata as 14:00 hs) na EUTS

4ª listaxe: 24 de xullo

do 25 ao 28 de xullo (ata as 14:00 hs) na USC

28 e 29 de xullo (ata as 14:00 hs) na EUTS

5ª listaxe: 29 de xullo

30 e 31 de xullo (ata as 14:00 hs) na USC

30 e 31 de xullo (ata as 14:00 hs) na EUTS

6ª listaxe: 3 de setembro

4 e 5 de setembro (ata as 14:00 hs) na USC

do 5 ao 8 de setembro (ata as 14:00 hs) na EUTS

Convocatoria vacantes, de ser o caso.

 7º listaxe: 10 de setembro

11 e 12 de setembro (ata as 14:00 hs) na USC

11 e 12 de setembro (ata as 14:00 hs) na EUTS

Convocatoria vacantes, de ser o caso:

8º listaxe: 24 de setembro

25 e 26 de setembro (ata as 14:00 hs) na USC

5 días hábiles desde a data da matrícula na USC (ata as 14:00 hs do 5º día) na EUTS

Convocatoria vacantes, de ser o caso:

10 de outubro

do 11 ao 13 de outubro (ata as 14:00 hs) na USC

5 días hábiles desde a data da matrícula na USC (ata as 14:00 hs do 5º día) na EUTS

Unha vez matriculado/a na USC ten que entregar a documentación propia na Escola.  O proceso de matrícula non se considera completado ata que estea entregada a documentación propia na EUTS

AVISO IMPORTANTE: O/A estudante que non se matricule na titulación na que o/a convoquen e DESEXE CONTINUAR NAS LISTAS DE AGARDA nalguhna titulación de maior preferencia, deberá confirmar  o seu interese en seguir nas listas de agarda na CIUG EN CADA CHAMAMENTO De non confirmalo entenderán que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos. Deberá seguir o mesmo procedemento si a titulación de maior preferencia está PECHADA. (normativa da CIUG)

Destacados
Memorias Académicas e de Actividades (II) Fundación Santiago Apóstol

Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »

Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2024-2025

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2024-2025, onde se recolle información... máis »