Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Novas

20/11/2026

25N - Día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres

Actividades na EUTS

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro), a Escola Universitaria de Traballo Social está a desenvolver unha programación de actividades baixo o lema «Fronte ás violencias, traballo social feminista», co obxectivo de promover a reflexión, a sensibilización e o compromiso da comunidade universitaria na loita contra todas as formas de violencia machista.

Do 20 ao 27 de novembro:

Actividade participativa «Unha imaxe, mil lemas contra a violencia», unha iniciativa que busca implicar á comunidade da Escola na creación e difusión de mensaxes de sensibilización e rexeitamento das violencias contra as mulleres. O estudantado poderá participar fotografándose xunto ás mensaxes contra as violencias expostas no corredor da Escola e compartindo as fotografías a través do código QR dispoñible no propio espazo. As imaxes recollidas formarán parte dunha proxección colectiva, como mostra do compromiso e da implicación da comunidade universitaria na loita contra as violencias machistas.

As actividades xa realizadas pódense consultar no cartaz que acompaña..

Destacados
Memorias Académicas e de Actividades (II) Fundación Santiago Apóstol

Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »

Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2026-2027

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2026-2027, onde se recolle información... máis »