Memorias académicas e de actividades da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales - Escola Universitaria de Traballo... máis »
Novas
Sesión informativa sobre materias optativas
Sesión informativa sobre materias optativas
Tes dúbidas sobre que optativas escoller o próximo curso?. É o momento perfecto para resolver as túas inquedanzas, queremos axudarte a decidir e por iso agardámoste nas sesións informativas sobre as materias optativas que terán lugar os días 18 e 19 de maio.
Luns, 18 de maio (Aula 3 - 13:30 h)
- Traballo social e inclusión social.
- Traballo social con persoas con discapacidade.
- Traballo social e adiccións.
- Traballo social con maiores.
- Traballo social con menores.
- Traballo social e xénero.
- Traballo social no ámbito da saúde mental.
Martes, 19 de maio (Aula 2 - 11:30 h)
- Mediación e xestión do conflito en Traballo Social.
- Tecnoloxías da información e a comunicación en Servizos Sociais.
- Traballo social no ámbito da iniciativa social.
- Traballo social, procesos migratorios e diversidade cultural.
Deseña o teu futuro: non faltes á divulgación das materias optativas!
