Novas
Publicación listaxe definitiva Premios Ángela Ruíz á Excelencia Académica
Publicación listaxe definitiva Premios Ángela Ruíz á Excelencia Académica
A Xunta publica, con data 9 de abril, a listaxe de estudantado proposto para os Premios Ángela Ruíz á Excelencia Académica, que rematou os seus estudos no curso 2023-2024 no que figuran 3 estudantes do Grao en Traballo Social
A listaxe está publicada na web da Consellería de Educación: prema aquí
A partir deste momento, o estudantado proposto terá que manifestar a súa aceptación expresa á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez (10) días. Para iso utilizará o anexo II da orde. De non presentar a aceptación nese prazo, entenderase que renuncia ao premio. A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)