Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web

Escola Universitaria de Traballo Social

Santiago de Compostela

Estructura e organización » Presentación

A Escola universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela, pioneira na formación de traballadores sociais en Galicia, ten as súas orixes na Escola de Asistentes Sociais fundada no ano 1957 polo Padre Francisco Gómez Fernández. A súa personalidade xurídica foi ostentada pola Escola de Ensino Social de Galicia ata 1999. A partir dese ano pasa a depender da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais, entidade declarada de interese galego e de interese docente. A Escola está adscrita á Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1983.


Nesta traxectoria, entre os nosos obxectivos estivo sempre como prioritario realizar unha oferta de calidade. Acorde a iso e co desexo de continuar mellorando e achegar unha ferramenta de traballo útil para todos os que nos interesamos polo traballo social e a formación, che damos a benvida á web da Escola.


A este desexo xenérico, súmase a intención específica de utilidade para profesores, alumnado e persoal de administración e servizos do centro e a contribución colectiva para mellorar así a nosa capacidade de servizo.


Benvid@s


Teresa Facal Fondo
Directora

Destacados
Guía Académica para 1º Grao e Curso de Transición

Presentamos a Guía Académica para 1º de Grao e Curso de Transición ao Grao onde se recolle información da nova titulación... máis »

Memoria aprobada en Consello de Goberno USC
50 Aniversario

No curso 2007-08, a Escola de Traballo Social cumpríu 50 anos. Trala fundación no ano 1957, o 20 de outubro de 1958 abre as súas... máis »

Guías Académicas da Diplomatura cursos 2009-2010 e 2010-2011

Guía académica en pdf para poder descargar toda a información contida na mesma, referida as materias, horarios, calendarios de... máis »