Páxina principal | Fundación Santiago Apóstol de CCSS | FAQs | Mapa da web
Estudantes » Programas Mobilidade

Prácticas Erasmus KA171 para Universidades de Bosnia

Universidades de destino: Universidade de Sarajevo e Universidade Banja Luka. Ofértanse 2 prazas en cada Universidade, para todo o alumnado de grao da USC

Requisitos: Ter superados 36 ECTS con data 31/10/2023 e acreditar un nivel B1 de inglés antes da data de fin da solicitude

Prazo de presentación: Do 17 ao 30 de abril de 2024, en liña a través do rexistro electrónico da USC

Duración da estancia: máximo 5 meses

Axuda: 700 €/mes máis 360€ para viaxe

Máis información: prema aquíe na convocatoria

Programa SICUE

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS pola USC:

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125661/carga.htm

Requisitos: Ter superados un mínimo de 45 créditos no curso 2022-2023 e estar matriculado/a en 30 créditos como mínimo no curso 2023-2024. Ver procedemento na Convocatoria

Solicitudes: só se aceptarán as solicitudes en liña, a través da Secretaría Virtual do estudante da USC. prema aquí

Prazos: Fechado ata nova convocatoria

A coordinadora do Programa SICUE na EUTS é Leidi Viviana Moreno Parra.

UNIVERSIDADE DE DESTINO PRAZAS MESES
Alicante 2 5
Barcelona 2 9
Castilla-La Mancha (Cuenca) 1 9
Complutense de Madrid (*) 3 9
Girona 2 5
Girona 2 9
Huelva 2 9
Illes Balears (Palma de Mallorca) 2 9
La Rioja 1 9
Málaga 1 9
Navarra - Universidad Pública de Navarra 2 5 (só 1º C)
Pablo de Olavide (Sevilla) 2 9
Salamanca 2 9
Valladolid 3 9
Zaragoza 1 9

Convenios Bilaterais

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS pola USC: 

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125663/carga.htm

Prazo para aceptar ou rechazar a praza: Ata o 4 de abril de 2024

A USC convoca, para o curso académico 2024-25 prazas de mobilidade para a realización de estudos en diversas universidades de países extracomunitarios (América Latina, Europa do Leste, Asia, Suiza, Estados Unidos, Canada e Australia) coas que a USC ten formalizado convenio de intercambio bilateral de estudiantes.

As prazas ofertadas recóllense nos Anexos I (todos os destinos excluíndo Suiza) e  Anexo II (destinos só Suiza)

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: A través da Secretaría Virtual da USC (en liña) . Fechado ata nova convocatoria

Requisitos académicos:

  • Antes do fin do prazo de solicitudes, o estudiantado deberá acreditar o coñecemento da língua oficial o pais de destino ou da língua de uso da universidad de acollida. 
  • Deberá estar matriculado/a na USC no curso 23-24 nun título oficial de grao e ter unha cualificación media mínima de 6. Este requisito deberá cumprirse con data 31/10/2023.
  • Deberá ter superado o 15% dos créditos da titulación con data 31/10/2023 non entrando neste cómputo os superados no curso 23-24.

Máis información: prema aquí

Programa Erasmus para estancias 2024-2025

Enlace á páxina do Servizo de Relacións Exteriores (SRE): https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional/mobilidade-estudantes/erasmus-saintes

Prazo presentación solicitudes: Fechado ata nova convocatoria

Requisitos: Estar matriculado nun grao da USC no curso actual e, no caso de ser seleccionado/a, formalizar matricula nese mesmo grao no curso 24-25. Ter superados, como mínimo o 15% dos créditos da titulación. Este requisito deberá cumprirse a 31 de outubro de 2023.

Lugar de presentación: A USC só admite a presentación de solicitudes en liña, a través da secretaría virtual da USC. É obrigatorio cargar na solicitude en liña toda a documentación requirida na convocatoria. No caso de que, por motivos imputables á USC, non sexa posible realizar a solicitude en prazo a través da secretaría virtual, a persoa afectada deberá presentar un escrito no Rexistro Electrónico dirixido á Oficina de Movilidade, indicando esta circunstancia nese mesmo prazo.

coordinador do programa ERASMUS na EUTS é o profesor Xoán Carlos Bascuas Jardón (bascuas@euts.es)

 

Destacados
Memoria Grao en Traballo Social
Sistema Garantía Interna de Calidade

Publicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela (en ficheiro... máis »

Guí­a Académica Grao 2023-2024

Preséntase a Guía Académica para o Grao en Traballo Social do curso 2023-2024, onde se recolle información... máis »